Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación mobiliza 150 000 euros para suprimir simboloxía franquista

O programa ofrece axudas de até 10 000 euros para municipios de menos de dez mil habitantes

deputacion simbolos franquistas 10 marzo 2026

Lindeiros, 10/03/2026 – A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña deu luz verde ao programa de subvencións FO208/2026. O obxectivo é apoiar economicamente os concellos con menos de 10 000 habitantes no cumprimento da Lei de Memoria Democrática.

Cun orzamento de 150 000 euros, este plan estratéxico persegue transformar os espazos públicos en lugares de convivencia democrática. Búscase eliminar calquera vestixio de exaltación do golpe de estado de 1936 ou da ditadura posterior, ao tempo que se dignifican as figuras que sufriron a represión.

A deputada de Dereitos Civís, Sol Agra, subliñou que «a Deputación convoca esta liña de subvencións como parte da nosa política de apoio aos concellos pequenos, aos que as dificultades orzamentarias lles impiden, nalgunha ocasión, cumprir coa legalidade vixente en materia de memoria democrática».

O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 16 de marzo e permanecerá aberto até o 16 de abril ás 14 horas. As axudas, que oscilarán entre os 3 000 e os 10 000 euros por entidade beneficiaria, están enfocadas a sufragar os gastos derivados da retirada de escudos, insignias, placas, esculturas ou mencións conmemorativas que aínda persistan en edificios ou vías públicas, así como a posterior restauración dos bens inmóbeis de titularidade municipal afectados.

Ademais da limpeza de simboloxía fascista, o programa pon énfase na pedagoxía social mediante o fomento de actividades de divulgación como charlas, cursos, congresos, conferencias, publicacións ou exposicións que axuden a recuperar e difundir os feitos de represión silenciados durante a ditadura.

Como indicou a deputada de Dereitos Civís, «recuperar a memoria calada despois de 50 anos de rematada a ditadura é un acto de xustiza que leva décadas agardando». Segundo abundou, visibilizar o que pasou axudará a veciñanza a coñecer «a verdadeira dimensión da barbarie que supuxo o golpe de Estado fascista de 1936 no seu propio concello».

Outro dos piares fundamentais da convocatoria é a sinalización e mantemento de espazos de memoria. As entidades locais poderán solicitar fondos para instalar paneis informativos ou placas que identifiquen lugares de especial relevancia histórica neste contexto, sempre baixo a premisa de render homenaxe ás vítimas da sublevación militar e a ditadura posterior.

«Ante relatos que banalizan e normalizan o rexime franquista, é deber das institucións públicas democráticas lembrar os horrores daqueles tempos, que ninguén desexa que volvan», concluíu Sol Agra.

O programa tamén abrangue a organización de actos de recoñecemento público para colectivos e persoas perseguidas polas súas ideas, crenzas, identidade ou orientación, no período comprendido desde o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 até a entrada en vigor da Constitución en 1978.

Máis información no BOP n.º 45, do 9 de marzo do 2026.

Post navigation

Previous: O Mercado Boanerges presenta unha nova edición de “Cocinando Santiago”
Next: Frades e Xunta de Galicia mellorarán o centro de saúde de Ponte Carreira

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.