Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación presenta a nova liña de subvencións para patrimonio cultural

deputacion axudas cultura 21 novembro 2025

Os concellos poden facer as solicitudes á Deputación até o 21 de xaneiro de 2026 e a subvención máxima pode chegar aos 150.000 euros


A Deputación da Coruña ven de reunirse cos concellos da provincia para presenta a nova liña de axudas. Este programa está dotado cun millón de euros de investimento que poderá ser ampliable a dous millóns,

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Penas, mantivo un encontro cos representantes dos gobernos municipais para explicar a nova liña de subvencións destinada a actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal.

Na reunión, que contou tamén coa presenza do xefe de Servizo de Arquitectura, Daniel Beiras, e do xefe de Departamento de Patrimonio, Fernando Pérez, resolvéronse dúbidas dos concellos sobre o programa DP0045/2026, que conta cun orzamento dun millón de euros, ampliable até os dous millóns.

Principais características do programa

Esta liña de subvencións, aprobada mediante resolución de Presidencia e publicada no BOP o pasado 15 de outubro, está dirixida aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña e ten como obxectivo a protección, recuperación e conservación do patrimonio histórico-artístico e cultural municipal.

Entre os aspectos salientados da convocatoria, a Deputación indicou que as actuacións poderán recibir unha subvención máxima de até 150.000 euros e cubrir até o 80% do orzamento de gastos subvencionables, sempre que o investimento mínimo acade os 30.000 euros. O período de execución previsto abranguerá do 1 de xaneiro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.

Penas explicou que se poderán acoller a este programa as intervencións en espazos públicos e inmobles con valor histórico-artístico, cultural, tipolóxico ou etnográfico declarados BIC ou catalogados, así como en centros urbanos históricos tamén declarados BIC.

 Inclúense ademais actuacións sobre elementos de enxeñaría como pontes, pontellas ou camiños; sobre patrimonio marítimo, como peiraos, carpintarías de ribeira, salgadurías ou secadoiros; e sobre xacementos arqueolóxicos que incorporen accións de sinalética ou musealización.

As solicitudes serán avaliadas en concorrencia competitiva por un comité técnico composto por tres expertos en patrimonio, arquitectura e rehabilitación. Teranse en conta a relevancia e singularidade do patrimonio, a urxencia e o estado dos danos, a calidade da proposta técnica e a repercusión prevista da actuación. Para obter a condición de entidade beneficiaria será necesario acadar un mínimo de 50 puntos.

Durante o encontro, o deputado subliñou “a necesidade de actuar de xeito inmediato coa utilización de recursos suficientes para protexer e conservar adecuadamente o extraordinario patrimonio cultural da provincia da Coruña”, e expresou a preocupación da Deputación “pola situación de determinados bens que deben ser obxecto de protección inmediata”.

Os concellos interesados poden presentar varias solicitudes individuais por actuación, realizando toda a tramitación a través da plataforma SUBTEL.

Post navigation

Previous: AGADEA impulsa a difusión da Guía de Apoio ás Persoas Coidadoras
Next: O Plan Director da Alameda de Compostela comeza a facerse realidade

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.