Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

A Deputación reúnese co empresariado de Melide

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse coa Asociación de Empresarios Terra de Melide, (ASETEM).
deputacion-reunion-empresarios-melide-slide-18-outubro-2022_r

Bisbarra, 18 de outubro do 2022 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse coa Asociación de Empresarios Terra de Melide, (ASETEM).

Un dos temas que marcaron o encontro foi a necesidade de dotar a Melide de solo industrial á vila. O máximo responsable da Deputación mostrou o seu apoio á demanda “para que non se produza unha fuga de empresas e para que poida haber oportunidades de xeración de emprego”.

Ante as dificultades para desenvolver o solo previsto no Plan Xeral municipal, barállanse dúas posibilidades que serían ampliar o polígono existente ou facelo nun novo emprazamento. Formoso expresou o seu compromiso de que a Deputación “implicarase, na medida en que as nosas competencias o permitan, no desenvolvemento dunha localidade que é capital comarcal, que ten moito dinamismo económico, moita presencia de autónomos e de empresas de certo calibre”.

No encontro participaron por parte de ASETEM o presidente e o vicepresidente da entidade, Manuel Vázquez García e Rodrigo Fernández Pombo. Por parte do concello estivo presente o primeiro tenente de alcalde de Melide, José Antonio Prado. Finalmente pola Deputación, ademais de Valentín González,  estiveron os deputados Bernardo Fernández e Antonio Leira. A reunión enmárcase dentro dunha rolda de encontros cos sectores produtivos para a elaboración dos orzamentos provinciais de cara ao próximo exercicio.

O primeiro tenente de alcalde, José Antonio Prado, fixo referencia a que “a Xunta foi extremadamente clara no ano 2018 e no ano 2019 de que, onde está o Polígono actual, non se pode ampliar” e apostou como futuro emprazamento para desenvolver solo industrial dunha forma máis rápida“ un area próxima a onde irá o enlace coa autovía na estrada que vai a Santiso”.

Pola súa parte, Manuel Vázquez García expresou que “a mellor fórmula é a ampliación do polígono que hai pero, de non poder facelo aí, hai que executalo noutro lugar canto antes”  “Non vai a vir unha empresa para Melide sen ter onde establecerse, co que acabará marchando para outro sitio”, comentou.

Preto de 100 postos de traballo creados en Melide

A reunión tamén serviu para falar dos programas provinciais de reactivación económica como o Plan de Emprego Local (PEL) ou o Plan Único e así, como explicou González Formoso, “saber se están dando resultado ou se hai algunha mellora que facer nas convocatorias”.

No caso do PEL, que con 12 millóns de orzamento é o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, este ano apoiou a contratación de máis de 1.000 persoas no sector público e privado e, no caso concreto de Melide, creáronse 89 postos nos últimos cinco anos a través deste plan.

Por último, puxéronse sobre a mesa outras cuestións de interese para o municipio, como a Autovía A-54 (de Santiago a Lugo) que está dotada de 54 millóns de euros nos orzamentos xerais do Estado para 2023. “Esta, concretamente o tramo de Palas de Rei a Melide, será unha infraestrutura estratéxica para desenvolver o municipio”, apuntou. Formoso.

Post navigation

Previous: Brión contará  cun punto limpo móbil
Next: Máis de seis millóns de euros para mellorar o saneamento urbano de Lalín

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.