займ срочно

A Deputación mantén o investimento en Oroso

0

Bisbarra, 20 de setembro do 2023 – O presidente da Deputación, Valentín González, reuniuse co novo alcalde de Oroso, Álex Doval, ao que lle confirmou que o organismo manterá os investimentos previstos no concello.

Dos investimentos previstos en Oroso destacan a humanización da avenida da Garabanxa e a construción dun novo centro deportivo en Sigüeiro. Ambos os dous proxectos, xa comprometidos pola Deputación co anterior goberno municipal, suman unha aportación de 900.000 euros.

Formoso e Doval, na súa primeira reunión de traballo tras as eleccións municipais, trataron a situación administrativa destes proxectos, que se executarán a través de convenios de colaboración entre a Deputación  e o Concello de Oroso, e para os que o goberno provincial xa ten reservado o orzamento.

A humanización da avenida da Grabanxa, cun investimento previsto de 500.000 euros, mellorará unha das principais entradas e travesías de Sigüeiro con novas beirarrúas, zonas peonís e badéns. As obras suporán unha renovación total da avenida, coa instalación de novas luminarias, zonas verdes e mobiliario urbano, así como a pavimentación da estrada e a mellora dos accesos aos garaxes.

Doutra banda, Formoso confirmou tamén ao alcalde que a Deputación ten programado un investimento de 400.000 euros para cofinanciar a execución dun novo centro deportivo en Sigüeiro, que complementará os fondos comprometidos no seu día polo propio Concello de Oroso, á espera de que a Xunta de Galicia achegue tamén financiamento para esta necesaria instalación deportiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies