Bisbarra, 4 de decembro do 2023- A Deputación da Coruña e o concello de Ordes asinaron o convenio para a redacción do proxecto da nova residencia de maiores do concello.

O presidente da Deputación, Valentín González, e a concelleira de Políticas Sociais de Ordes, Susana García, foron os encargados de asinar o documento. Ao acto asistiron tamén o alcalde de Ordes, José Luís Martínez, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal.
O concello porá a disposición da Deputación o terreo onde se contruirá e a Deputación achegará unha axuda de 38.500 euros para financiar tanto o proxecto técnico como o estudo xeotécnico. O texto especifica que “a raíz do estudo realizado pola Deputación para a diagnose e plan de acción en materia de servizos sociais na provincia, detectouse unha eiva significativa de dotacións destinadas a maiores, especialmente de tipo residencial. As residencias existentes no territorio non responden á demanda real, ademáis de ser en moito casos de titularidade privada”

Sinálase ademais que “froito do sistema existente, moitos maiores vense lonxe do seu entorno, ao non existir recursos próximos, fomentando o desarraigo e unha imposibilidade de seguir vinculados ao núcleo familiar, ocasionando episodios de soidade non desexada” e que “a pandemia puxo de manifestó a necesidade doutro modelo residencial, de menor escala”, en consonancia “cos modelos observados noutros países europeos”:
Residencias en Rianxo, Ordes e As Pontes
Froito desa necesidade nace a vontade da Deputación de facer un proxecto piloto para a redacción dos proxectos básicos de tres residencias de carácter comarcal, en localizacións escollidas polo seu devalo demográfico.
Do estudo realizado concluiuse que as localizacións idóneas para este proxecto piloto de residencias son Ordes, As Pontes de García Rodríguez e Rianxo, municipios nos que a Deputación desenvolverá tres residencias de maiores dentro deste proxecto, cun investimento previsto de 6 millóns de euros.
