Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca en Ordes que o Plan Único investiu 252 millóns de euros na comarca

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026

Ordes, 06/03/2026 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, visitaron o Concello de Ordes, onde foron recibidos polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e polos portavoces dos grupos municipais da corporación.

No salón de plenos mantiveron un encontro institucional no que explicaron a importancia e fixeron balance do impacto do Plan Único (POS+) nos concellos da comarca de Santiago.

O presidente provincial salientou que a primeira achega do POS+2026 supón unha inxección de 25,3 millóns de euros para os concellos da comarca de Santiago, incluíndo “investimentos que permiten mellorar infraestruturas básicas, renovar servizos municipais e atender necesidades sociais, pero tamén de garantir o funcionamento diario dos concellos e a calidade de vida da veciñanza”.

Petición á Xunta

Formoso reclamou á administración autonómica que incremente este fondo ata acadar un mínimo de 200 millóns de euros para reforzar a capacidade financeira dos municipios.

O Presidente da Deputación dixo que “Estamos pasando un momento económico difícil para os concellos. O incremento do custe dos servizos é importante e creo que todos temos que facer un esforzo neste ámbito”.

Valentín González afirmou que isto é visible en que os concellos destinan cada vez unha maior parte dos fondos do POS+ a gasto corrente: “os alcaldes e alcaldesas, que teñen a aspiración de dedicar o 100% dos fondos do POS a investimentos tanxibles como beirarrúas, unha humanización, unha escola infantil ou unha biblioteca teñen cada vez menos marxe para facer iso e teñen que dedicar máis a gasto corrente. Esa é a fotografía na maioría dos concellos da provincia”, afirmou.

Tamén destacou que o impacto do Plan Único na comarca é xa moi significativo. Desde a súa posta en marcha, mobilizou máis de 252,2 millóns de euros e permitiu executar 1.294 obras nos municipios da comarca de Santiago, converténdose nunha ferramenta clave para o desenvolvemento local e a mellora dos servizos públicos municipais.

Ordes e o Plan Único

Pola súa banda, a deputada de Plans, Cristina García, destacou que o POS+ ten unha gran importancia para concellos de diferentes tamaños e permite atender necesidades moi diversas.

“A creación do Plan Único foi un cambio de paradigma e da forma de entender a colaboración municipal. É un plan que aposta pola autonomía municipal e que sabe adaptarse ás necesidades concretas de cada concello”, apuntou.

“Ademais das obras, o Plan Único permite financiar gasto corrente nun momento no que os concellos estamos ao límite e sobre todo os máis pequenos. Porque é un plan moi importante para todos os concellos pero seguramente concellos como Frades ou Dodro sexa unha ferramenta proporcionalmente máis importante, que marque máis a diferencia”, sinalou Cristina García.

“Cremos que é a mellor forma de colaborar cos concellos e nesa liña imos a seguir traballando desde o goberno provincial”, afirmou a deputada de Plans

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, agradeceu a visita institucional e destacou a importancia do Plan Único para o desenvolvemento do municipio, subliñando que estas achegas permiten acometer actuacións fundamentais para mellorar os servizos e infraestruturas locais, “nun concello como o noso, cabeceira de comarca”.

No caso concreto de Ordes, o municipio recibirá 1.483.889,46 euros no POS+2026. Desde a creación do plan en 2017, o investimento acumulado da Deputación neste concello ascende xa a 15.418.176,34 euros, que permitiron financiar 54 obras no municipio, que contribuíron nos últimos anos á modernización das infraestruturas e á mellora da calidade de vida da veciñanza.

Post navigation

Previous: O documental 8M A Voces centra a programación de Ames para o Día Internacional da Muller
Next: XXI edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, MICE

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.