займ срочно

A Deputación mellorará as conexións viaria de Trazo con Santiago

0

Bisbarra, 20 de abril do 2023 – O Deputado provincial Antonio Leira reunise en Trazo con candidato socialista á alcaldía, Eugenio Pazos, ao que lle confirmou que o organismo mellorará a estrada DP-7804 Val do Dubra-Santiago.

Unha actuación que os socialistas consideran fundamental para permitir o crecemento social e económico do municipio, pois suporía unha mellora considerable nas comunicacións entre Trazo e Santiago de Compostela.

Eugenio Pazos explicou que “É un proxecto que leva máis de doce anos no caixón esquecido polo Goberno de Trazo, que non se interesou en absoluto por el cando é unha iniciativa fundamental para garantir unha mobilidade efectiva dos veciños e veciñas de Trazo coa capital de Galicia”.

Compromiso da Deputación

Leira Piñeiro concordou cos concelleiros socialistas na necesidade de mellorar este viario, se ben indicou que as obras habería que acometelas por fases debido á lonxitude da estrada e ao custo da actuación no seu conxunto. Neste sentido, Eugenio Pazos agradeceu o compromiso amosado pola Deputación da Coruña e fixo fincapé en poder comezar canto antes os trámites para arranxar o tramo entre Ponte Alvar e A Noia, por Xavestre.

A parte máis complicada será este primeiro tramo pero segundo indica o candidato socialista é tamén o maís necesario e engade que “despois, dende A Brea ata Agro do Mestre xa será máis sinxelo porque gran parte dos terreos xa están cedidos pola parcelaria, se ben é posible que nalgúns puntos haxa que acometer actuacións puntuais previas porque hai lugares nos que é difícil a circulación de dous vehículos ou porque as cunetas son demasiado fondas”.

Eugenio Pazos indica que a mellora das infraestruturas e a mobilidade da veciñanza de Trazo serán dous dos eixos da súa proposta electoral o vindeiro mes de maio xa que “non é de recibo que Trazo sexa o único concello con fronteira con Santiago de Compostela que non só non gañe poboación, como pasa en Ames, Teo ou Oroso, senón que perde habitantes dende hai trinta anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies