займ срочно

O pleno da Deputación aproba colaborar en tres residencias de maiores

0

Bisbarra, 2 de maio do 2023 – A Deputación da Coruña aprobou no último pleno asinar convenios cos concellos das Pontes, Ordes e Rianxo para a construción de residencias de maiores.

Os convenios especifican os terreos que os concellos poñen a disposición da Deputación, que asumirá a financiación dos proxectos de obra e os estudos xeotécnicos. Estes documentos validarán a viabilidade económica das tres residencias comarcais de maiores.

 O texto aprobado especifica que “a raíz do estudo realizado pola Deputación para a diagnose e plan de acción en materia de servizos sociais na provincia, detectouse unha eiva significativa de dotacións destinadas a maiores, especialmente de tipo residencial. As residencias existentes no territorio non responden á demanda real, ademais de ser en moito casos de titularidade privada”

Os textos aprobados polo pleno sinalan ademais que “froito do sistema existente, moitos maiores vense lonxe do seu entorno, ao non existir recursos próximos, fomentando o desarraigo e unha imposibilidade de seguir vinculados ao núcleo familiar, ocasionando episodios de soidade non desexada” e que “a pandemia puxo de manifestou a necesidade doutro modelo residencial, de menor escala”, en consonancia “cos modelos observados noutros países europeos”:

Os convenios especifican que “froito desa necesidade nace a vontade da Deputación de facer un proxecto piloto para a redacción dos proxectos básicos de tres residencias de carácter comarcal, en localizacións escollidas polo seu devalo demográfico. Do estudo realizado conclúese que as localizacións idóneas para este proxecto piloto de residencias son Ordes, As Pontes de García Rodríguez e Rianxo”.

Os textos especifican as parcelas que os concellos porán a dispor da Deputación para este fin e que a Deputación será a encargada de contratara a redacción dos proxectos, por un importe de 38.500 euros cada un, incluíndo os estudos xeotécnicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies