Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón lideran as vendas de MercaNaVila

Mercanavil pago 2

MercaNaVila, o programa da Deputación da Coruña, supera os 2,7 millóns de euros en vendas e suma xa preto de 1.000 establecementos adheridos.


A comarca de Santiago sitúase entre as zonas con maior dinamismo comercial no programa MercaNaVila, a iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña para apoiar o comercio de proximidade nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Segundo o informe de vendas do programa, os concellos de Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón encabezan a actividade da comarca, cun volume conxunto de máis de 529.000 euros en vendas, o que representa case o 19,4 % do total provincial, que ascende a 2.723.068,35 euros.

O municipio de Ordes lidera claramente a zona con 205.304,63 euros en vendas (7,54 % do total provincial), seguido de Arzúa, con 116.133,91 euros, Oroso con 74.776,68 euros, Santa Comba con 74.006,67 euros, e Padrón con 59.472,03 euros.

Tamén destacan as cifras doutros concellos da área como O Pino, Mesía, Vedra, Val do Dubra ou Rois, que suman entre todos preto de 50.000 euros adicionais, consolidando o peso do interior da provincia na dinamización do comercio local.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, salientou que “o éxito de MercaNaVila na comarca de Santiago confirma que o pequeno comercio segue sendo unha das grandes fortalezas do noso territorio. Este programa permite activar o consumo, apoiar o emprego local e xerar cohesión nas vilas e aldeas da provincia”.

O MercaNaVila, dotado cun orzamento global de 6 millóns de euros, mobiliza xa preto de 1.000 establecementos adheridos en toda a provincia e converteuse nun referente das políticas provinciais de apoio ao comercio de proximidade.

Apoio ao comercio e á economía local

O programa MercaNaVila conta cun orzamento total de 6 millóns de euros, destinados a impulsar as vendas nos pequenos establecementos e fomentar o consumo nos núcleos rurais e urbanos de menor tamaño, contribuíndo así a fixar poboación e emprego.

A campaña permite que calquera persoa poida descargar os bonos, con independencia do seu lugar de residencia. Non é preciso vivir nun concello pequeno: os bonos poden descargarse tamén dende as cidades, pero as compras deben realizarse obrigatoriamente nas case 1.000 tendas adheridas dos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

MercaNaVila, descontos de 100 € para dinamizar o comercio local

Cada bono MercaNaVila permite descontos de ata 100 euros por persoa, aplicando un desconto directo de entre 5 e 15 euros no momento da compra. O obxectivo é facilitar o acceso a produtos e servizos de proximidade, ao tempo que se incentiva o consumo nos establecementos participantes.

A través da plataforma web oficial (https://mercanavila.gal/), as persoas usuarias  poden descargar gratuitamente os seus bonos, consultar os comercios adheridos e localizar os establecementos máis próximos por concello ou sector.

Unha iniciativa con impacto real

A Deputación e a Federación Galega de Comercio coinciden en sinalar que o éxito da campaña “é un reflexo da confianza cidadá neste modelo de apoio directo ao comercio local”. O programa tamén está a recibir unha valoración moi positiva por parte das asociacións de comerciantes, que destacan o incremento de visitas e vendas nos primeiros días de campaña, que se estende ata o 20 de novembro.

Post navigation

Previous: Frades reduce a cero a súa débeda bancaria
Next: Volve o Fairway a Compostela para celebrara os seus dez anos de vida

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.