Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación investirá máis de 18 millóns de euros no programa de emprego para a mellora do servizos dos concellos

O presidente e o vicepresidente da Deputación, Valentín González e Xosé Regueira, presentaron a convocatoria de 13 programas destinados á creación de emprego
deputacion-programa-emprego-slide-19-outubro-2023_r

Bisbarra, 19 de outubro do 2023 – O presidente e o vicepresidente da Deputación, Valentín González e Xosé Regueira, presentaron a convocatoria de 13 programas destinados á creación de emprego e mellora dos servizos municipais en 2024.

A Deputación colabora cos concellos na contratación de técnicos de cultura, deportes, turismo, igualdade, servizos sociais, persoal de axuda no fogar, socorristas ou equipos de limpeza de praias, entre outros. En este programa de emprego investirá no vindeiro ano un total de 18,6 millóns de euros.

 A Deputación da Coruña publicou onte no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de doce dos trece programas cos que contribúe á creación de emprego nos concellos e á mellora dos servizos públicos municipais. A lista completarase nas próximas semanas coa convocatoria do PEL- Concellos 2024.

Valentín González Formoso e Xosé Regueira Varela, compareceron en rolda de prensa para presentar estes programas, que segundo explicou Formoso “suman un orzamento de 18.636.000 euros e financian directamente a contratación de 1.550 persoas o vindeiro ano nos municipios coruñeses”.

“Anticipamos, reformulamos e concentramos estas liñas de axudas da Deputación grazas ás cales os concellos coruñeses poden contratar a partir do 1 de xaneiro de 2024 profesionais especialistas en distintos sectores, coma técnicos de cultura, de deportes, de turismo, persoal de axuda no fogar para persoas maiores, persoal especializado en servizos sociais, axentes de igualdade de xénero, socorristas de piscinas municipais ou equipos de limpeza de praias, entre outros moitos”, o que segundo explicou o presidente contribúe a mellorar servizos locais dos que se beneficia directamente a cidadanía.

Ofrecer servizos de calidade nos concellos máis pequenos

O presidente destacou que, ademais de manter un número importante de empregos, estes programas da Deputación “contribúen a fixación de poboación no rural, un dos principais obxectivos do goberno provincial”, ao favorecer o acceso á cultura, o deporte ou os servizos sociais, de forma que os pequenos municipios poidan contar con servizos de calidade, ao nivel das vilas e cidades con maior poboación e recursos.

Son programas que permiten que, por exemplo, concellos de menos de 5.000 habitantes coma Rois ou Carnota poidan manter escolas de música, que municipios coma A Laracha poidan contratar a catro persoas especialistas no eido social e financiar 12.000 hora anuais de servizo de axuda no fogar ou que Lousame, Ponteceso e Sobrado dos Monxes dispoñan dun técnico de xestión cultural.

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira Varela, incidiu tamén na importancia destas 13 liñas de axudas “para ofrecer servizos de calidade nos concellos”.

Regueira desatacou que, a maiores destas liñas, o Plan Único “permite tamén financiar servizos de competencia municipal, polo que os concellos costean tamén parte dos seus cadros de persoal con fondos deste Plan”.

Ademais de ser un garante da creación de emprego no sector privado (o Plan Único impulsou a execución de máis de 3.300 obras na provincia), Regueira destacou que este “tamén contribúe de forma decisiva a costear os servizos básicos municipais”

“É unha boa nova anticipar estas axudas e que os concellos poidan seguir contando co persoal necesario para sacar adiante os proxectos de cultura, de turismo, de promoción económica ou benestar”, concluíu Xosé Regueira, que explicou que os concellos poderán efectuar as súas solicitudes a estas convocatorias a partir do venres, 20 de outubro.

Principais programas de creación de emprego nos concellos

De entre estes trece programas de apoio aos concellos, destacan polo volume de empregos que xeran e pola mellora da calidade de vida que supoñen para moitas persoas da provincia o Plan de servizos sociais comunitarios e o PEL-Concellos.

O programa de servizos sociais comunitarios, cun orzamento anual de 8,3 millóns de euros, permite crear 243 empregos no eido social e financiar 411.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos.

Por outra banda, o PEL-Concellos, que este ano supuxo unha oportunidade laboral para 597 persoas que estaban en situación de desemprego contribúe de forma decisiva á mellora de moitos servizos municipais nos concellos da provincia.

Ademais destes dous programas, a Deputación financia a contratación nos concellos coruñeses de 161 persoas no eido da Cultura (técnicos de cultura, atención a museos, escolas e conservatorios de música e danza municipais), 74 persoas no eido de Deportes, 283 en Medio Ambiente (incluíndo os servizos de limpieza de praias), 264 en servizos sociais ou 34 en normalización lingüística.

Post navigation

Previous: Constance Hurlé presenta Sem grana e sem frescura en Compostela
Next: A Xunta de Galicia recorrerá o proxecto de humanización do Milladoiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.