займ срочно

A Deputación aproba os primeiros 47 millóns do Plan Único 2023

0

Bisbarra, 30 de maio do 2023 – O último pleno da Deputación antes de conformar o novo goberno aprobou o reparto dos primeiros 47 millóns de euros do Plan Único 2023.

Ademais do Plan Único aprobouse o arranxo de estradas en Boiro, Lousame, Camariñas, Vimianzo, Oroso, Carballo, Mesía, Ames, Touro e Teo que supoñen outros 5,4 millóns máis.

O Plan permite que sexan os municipios os que decidan o destino de fondos en función das súas necesidades: obras e investimentos, mantemento de servizos públicos esenciais, gasto corrente, redución da débeda ou mantemento de servizos e axudas sociais.

O Plan Único é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, con achegas económicas aos municipios que, ao final do ano, representan entre 90 e 100 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento da Deputación da Coruña.

Con cargo a estes primeiros 47 millóns de euros, os concellos financiarán un total de 200 obras na provincia que suman un investimento total de 21,5 millóns euros. Outros 18 millóns serán destinados polos concellos a financiar gastos correntes que melloran servizos públicos municipais como alumeado, limpeza viaria, recollida de lixo ou mantemento de zonas verdes e 7 millóns de euros a investimentos e actividades de carácter social.

Só 11 dos 93 concellos optan por destinar unha pequena parte dos fondos (un total de 68.414 €) a amortización de débeda, o que é indicativo da boa saúde económica dos concellos da provincia tras anos nos que os fondos do Plan Único lles permitiron amortizar as súas débedas sen xuros.

Na área de Compostela o Plan Único suporá 60 obras e máis de 13,5 millóns de investimento. Por outra banda na comarca de Barbanza o Plan suma un investimento total de 6,2 millóns de euros. 5,4 millóns na mellora de estradas provinciais

No apartado de Vías e Obras, o pleno deu luz verde á ampliación e mellora da estrada DP-1105 de Noia a Boiro (923.074 €); a remodelación da avenida da Grabanxa (Oroso) por 518.548 euros; a construción da senda peonil na DP 0206 en Biduído (Ames) por 133.896 €, a mellora da segurida viaria na DP 0605 na Muíña (Touro) por 347.551 euros ou a actualización de prezos das obras de terminación da ampliación da plataforma e mellora do trazado na DP 8202 de Galanas a Cacheiras, en Teo, cun orzamento de 561.215 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies