Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación entrega os XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua

A Fundación Paideia acolleu o acto. A responsable de lingua da Deputación, Sol Agra, fixo entrega dos galardóns a Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G

Premiados no Rosalía de Castro de lingua que entrega a Deputación

Lindeiros Cultura,  05/07/2026 – A Deputación fixo entrega do XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua, un galardón que recoñece iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega.

Carlos Callón, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), A Gramola Gominola e Vitamina G foron os premiados, que recolleron os galardóns da man responsable de Lingua da Deputación, Sol Agra, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Sheila Patricia.

O xurado, composto polas persoas premiadas o ano anterior, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Álvaro López García e Irma Silva Hervella. e a técnica de normalización lingüística da Deputación Dores Sánchez, que actuou como secretaria , premiou ao filólogo Carlos Callón, na categoría A, para persoas; a CTNL, na categoría B, para entidades, e os proxectos A Gramola Gominola e Vitamina G, galardoados ‘ex aequo’ na categoría C, a das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, que reciben un premio de 5.000€ nun certame ao que concorreron 31 candidaturas.

Agra salientou o traballo de todas as entidades premiadas e as súas propostas, afirmando que “é un orgullo premiar a quen nos premia cada día coa defensa activa da nosa lingua, e para isto naceron estes premios Rosalía. Parabéns por ser parte, por ser orgullo, por non rendervos ás estatísticas, nin ao pesimismo, por pertencer aos miles de persoas que son conscientes da importancia que ten actuar cando todo se pon en pon en contra, cando nin as leis axudan a favorecer o uso do galego con normalidade na Galiza”.

A deputada puxo en valor, ademais, o traballo que leva a cabo a área de lingua da Deputación, “porque para conseguir a normalización lingüística facemos falta todas e todos, individual e colectivamente, pero sobre todo institucións con vontade política e orzamentos”.

Agra tamén sinalou que “esta institución mobiliza partidas millonarias para apoiar as iniciativas locais. Desde a Área de Lingua destinamos máis de medio millón de euros  aos concellos para financiar ao persoal técnico da provincia da Coruña; e a institución con maior orzamento do país, a Xunta, destina 350 mil para toda Galiza”.

A deputada salientou algunhas das iniciativas que se levan a cabo dende a área de lingua, como a programación propia e as campañas de  sensibilización sociolingüística; o apoio a entidades sociais que traballan a favor da lingua; a edición de guías para eliminar os prexuízos; os grupos de conversa para neofalantes ou os cursos de galego para migrantes, entre outras.

Post navigation

Previous: Santiago na literatura de viaxes románica
Next: Das galerías do Berberecho a Museo de Arte Urbano

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.