Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A Deputación apoia a nova praza de abastos de Ames cun millón de euros

deputacion ames paraza abastos 25 novembro 2025

A Deputación da Coruña investirá 1 millón de euros no novo mercado municipal de Ames, que se situará na Casa Barbazán. A iniciativa ten como obxectivo converterse nun espazo central para o comercio de proximidade e a vida social de Bertamiráns.

O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Ames, Blas García, presentaron o proxecto durante unha visita á zona, destacando que contará tamén con financiamento da Xunta de Galicia, fondos europeos e recursos propios do Concello.

O futuro mercado combinará postos tradicionais de carne, peixe, froita e verdura con áreas para produtos de proximidade e espazos polivalentes destinados á realización de actividades sociais, culturais e gastronómicas.

O alcalde explicou que o obxectivo é que a Casa Barbazán se converta “nun lugar vivo e útil para a veciñanza”, un espazo que recolla a esencia da economía local e impulse un modelo de consumo máis sostible e responsable.

A intervención inclúe ademais a ampliación do edificio mediante unha construción pasiva deseñada con criterios de eficiencia enerxética, así como a reorganización completa do espazo exterior, que incorporará zonas arboradas, pavimentos permeables e áreas preparadas para mercados e actividades ao aire libre.

Durante a presentación do proxecto, Valentín González subliñou que a iniciativa permitirá resolver unha carencia histórica en Ames “a falta dun mercado municipal”. Explicou que o concello conta cuns importantes recursos vinculados á ecoagricultura e que precisa dun espazo que poña en valor esta produción. “O perfil de cidadán de Ames necesita un escaparate onde mostrar e vender os seus produtos ecolóxicos”, afirmou, engadindo que “o proxecto completa a aposta da Deputación pola agricultura ecolóxica, que se inicia no centro de transformación de Brión e culmina neste novo mercado pensado para atraer consumidores de toda a comarca”.

Pola súa banda, o alcalde Blas García agradeceu o apoio da Deputación e destacou que sería moi difícil desenvolver proxectos transformadores sen esta colaboración institucional.

Indicou que o mercado será “un proxecto singular que beneficiará a Ames e a toda a comarca”, ao facilitar o acceso a produtos ecolóxicos e de quilómetro cero e ao ofrecer un escaparate estable aos produtores locais.

Sinalou tamén que o edificio integrará medidas de sustentabilidade, como a instalación de paneis fotovoltaicos para a xeración de enerxía e un sistema de aproveitamento de augas pluviais para a limpeza das instalacións, aproveitando así unha vivenda histórica moi coñecida en Bertamiráns para darlle un uso moderno, útil e sostible.

Post navigation

Previous: Primeiros pasos para o Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche en Compostela
Next: Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.