займ срочно

A Deputación dedica este ano 25,4 millóns á bisbarra de Compostela no POS 2022

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2022- A Deputación da Coruña destinará a Compostela e a súa bisbarra máis de 25 millóns de euros a través do POS 2022.

O Plan de Obras e Servizos, POS, 2022 suporá un investimento en gastos sociais de máis de dous millóns de euros. Ao mesmo tempo o programa destina 6,6 millóns a 70 obras e outros 4,4 a financiar servizos básicos.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para “contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais”

Concellos que reciben máis dun millón de euros

O concello máis beneficiado é Ames con 2.176.508,79 por riba de Compostela que recibirá 1.675.775,39.  A continuación está Teo con 1.569.072,20, Ordes con 1.495.885,84, Santa Comba con 1.483.375,34, Arzúa con 1.227.547,80, Melide con 1.146.391,74. Oroso con 1.040.701,24 e Negreira con 1.019.547,67.

Gasto social no POS

Do total destinado aos 26 concellos da bisbarra 2.077.857 euros serán destinados a gasto social. Os importes van desde os case 32.000 que recibirá por este concepto Dodro, aos máis de 157.000 que percibirá Ames.

As tarefas ás que se destinarán estes cartos son o reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables.

Obras

O POS 2022 destina seis millóns e medio a 70 obras de humanización e mellora de espazos públicos, redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan a rexeneración de espazos deportivos do campo de fútbol de Ortoño (268.155 €) e a reparación da cuberta do pavillón municipal de Bertamiráns (170.758 €) en Ames, a humanización da contorna da igrexa de San Martiño e Liñaio e a mellota dos accesos a Gonte e Xallas (146.602 €) en Negreira, o saneamento de Gouzón, Castiñeira e Altiboia (258.148 €) en Ordes, a creación dun circuíto de pumptruck e un parque infantil en Padrón, a creación dunha senda peonil entre o polígono do Tambre e o centro sociocultural de Gracia (231.095 €) en Santiago de Compostela, ou a mellora do saneamento en Bazar (81.066 €) en Vedra.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Val do Dubra (243.085 €), Trazo (261.251 €), Touro (197.985 €), Tordoia (190.082 €), Teo (452.343  €), Santa Comba (545.246  €) Oroso (346.306 €) ou Arzúa (194.155 €).

Vinte tres concellos da comarca (todos agás Ames, Padrón e Santiago) destinan parte dos fondos do Plan Único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo. Outros seis (Ames, A Baña, Frades, Ordes, Oroso e Vedra) destinan este ano parte dos fondos a redución de  débeda.

O Plan Único ofrece aos concellos liberdade á hora de decidir os investimentos, cunha distribución que se basea en criterios como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies