Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación eleva o vindeiro POS aos 88 millóns de euros

deputacion bases pos 1 decembro 2025

O Plan de Obras e Servizos, POS, hai anos que se cimentou como unha ferramenta fundamental nos concellos. Obras pero tamén servizos sociais e mesmo apoio ao gasto corrente financiado pola Deputación de xeito equitativo e transparente.

O pleno do organismo provincial ven de aprobar o POS + 2026 que crece inicialmente ata os 88 millóns de euros. O Plan consolida á institución como o motor investidor dos concellos da provincia.

O presidente, Valentín González Formoso, destacou que este modelo, recoñecido polos propios alcaldes e alcaldesas como imprescindible, garante que todos os municipios dispoñan de recursos suficientes para seguir financiando obras, servizos públicos e programas sociais.

A aprobación dos fondos POS un mes antes de que remate o ano permítelles aos concellos planificar e programar os seus investimentos dende o 1 de xaneiro de 2026.

Formoso lembrou que o POS+2025 pecha o exercicio deste ano cun investimento total de 138 millóns de euros, “unha cifra histórica, que confirma o Plan Único como o principal motor investidor dos concellos da provincia. Unha gran parte das obras, dos servizos públicos municipais dos que goza a cidadanía e das políticas sociais dos nosos concellos contan co apoio económico do Plan Único”, afirmou.

Un plan que defende a autonomía local

Valentín González Formoso incidiu en que o Plan Único é xa “un sinal de identidade política desta Deputación”, baseado na confianza nos concellos e na defensa da autonomía municipal.

 “A mellor maneira de facer política útil é deixar que quen mellor coñece a realidade da súa veciñanza decida en que investir cada euro”, afirmou. Lembrou que o POS cun modelo no que os concellos elixen libremente as súas prioridades, permitiu nestes dez anos de goberno de progreso mellorar infraestruturas básicas, modernizar servizos públicos e desenvolver proxectos estratéxicos en todos os puntos da provincia.

Máis servizos públicos, máis obra pública e máis protección social

O POS+2026 permitirá continuar avanzando en melloras de vías municipais, redes de abastecemento e saneamento de auga, iluminación eficiente, renovación de espazos urbanos e rurais e modernización de equipamentos culturais, deportivos ou sociais.

O plan reforza tamén os programas sociais municipais, que teñen un papel fundamental na atención ás persoas maiores, á infancia, ás familias con máis dificultades e aos colectivos máis vulnerables.

 “O Plan Único non é só obra pública; é cohesión social, é igualdade e é protección das persoas maís vulnerables”, sinalou Formoso, que subliñou que o POS Social- a liña do Plan Único destinada a financiar políticas sociais nos concellos- increméntase nun 14%% en 2026, pasando de 7 a 8 millóns de euros.

O maior plan municipal de Galicia

O POS+ volve ser o maior plan municipal das catro deputacións galegas, tanto en volume económico como en número de actuacións aprobadas. Formoso asegurou que “o compromiso da Deputación é claro: seguir aumentando a capacidade de investimento dos concellos e seguir apostando por este modelo que demostrou, ano tras ano, que funciona e que mellora a vida da xente”.

Desde a súa creación hai unha década, o Plan Único leva mobilizados 812 millóns de euros e financiado 4.643 obras nos 93 concellos coruñeses, converténdose na columna vertebral da cooperación local da institución,

Outros asuntos do pleno

O pleno de novembro deu ademáis luz verde a outros asuntos importantes como o convenio con Aspronaga para financiar a reforma interior da residencia Ricardo Baró de Oleiros, unha actuación na que a Deputación investirá 200.000 euros e que incluirá múltiples reformas no inmoble, que data de 1985, para mellorar o confort, a accesibilide a iluminación do centro, no que residen 71 persoas.

Tamén se aprobaron convenios co Concello de Ferrol para o programa de apoio á candidatura da cidade a patrimonio mundial da UNESCO (80.000 €), coa USC para financiar a programación de actividades culturais, artísticas, educativas e de fomento da investigación da institución académica (158.000 €) ou coa Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina para o financiamento da creación da Compañía Teatral Galega de Bos Aires e a representación da obra O Heroe de Manuel Rivas.

Asignación de fondos por concellos e bases completas do POS+2026

ASIGNACION_POS_2026_333568M___AD1_8M___AD3_12M_TOTAL_88MDownload

Post navigation

Previous: A feira de emprego Talentia Summit comeza este xoves
Next: Oroso aproba o orzamento para o 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.