Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Cerceda
  • Compostela
  • Ordes
  • Oroso
  • Xeral

A Vía Verde afronta as últimas obras

oroso-via-verde-slide-31-xaneiro-2022-(1)_r

Bisbarra, 23 de decembro do 2024 – Xa queda pouco para que a Vía Verde entre Santiago de Compostela e Cerceda estea rematada por completo en canto se rematen as últimas obras.

Ao mesmo tempo a Deputación preocúpase xa polo mantemento do trazado operativo. O organismo provincial ven de aprobar dous investimentos con estas finalidades. Por un lado 289.000 euros para o tramo da Vía Verde en Santiago; por outro 128.000 euros para o mantemento dos xa existentes.

A sección da Vía Verde que se construirá será o 2.1 cunha lonxitude de 3,1 quilómetros. Este tramo discorre por completo polo concello de Santiago desde o punto quilométrico 7+010, no acceso á aldea de Ramelle, ao 10+180, na ponte sobre o río Tambre.

Neste tramo contémplanse as obras necesarias para o uso do trazado por cicloturistas e camiñantes, con actuacións sobre o firme e a drenaxe, ou a construción de muros, varandas e outros elementos de seguridade.

Este proxecto é a primeira das dúas subfases necesarias para completar o tramo II da Vía Verde, a parte que resta para completar dita infraestrutura, e que ten unha extensión total de oito quilómetros.

As obras no tramo I, que vai dende a estación da Sionlla ata o punto quilométrico 2+200, arrincaron o pasado mes de setembro, iniciando a conexión de Santiago coa maior Vía Verde de Galicia.

En total, o conxunto das actuacións nos tramos I e II suporán un investimento de máis de 1,8 millóns de euros e permitirán sumar 10 quilómetros máis aos 26 que xa compoñen a Vía Verde, a maior de Galicia, atravesando os concellos de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda.

O mantemento da Vía Verde

A sesión plenaria da Deputación aprobou tamén un novo convenio coa Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, destinado ao acondicionamento e mantemento de diferentes treitos xa existentes desta infraestrutura. A Deputación financiará ditas actuacións con 128.000 euros, que se corresponden a preto do 86% do importe total orzamentado, que ascende a 149.108,84 euros.

As actuacións de mellora recollidas neste acordo inclúen a recuperación de camiños de servizo e trazados alternativos á Vía Verde, a mellora do alumeado do túnel situado no concello de Oroso, a consolidación de noiros para evitar desprendementos, a recollida de augas pluviais con orixe en pasos elevados e obras de drenaxe.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Pava (Lucía Aldao)
Next: Dixitalizando o saneamento

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.