Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela
  • Val do Dubra

A Deputación destina 1 millón de euros a mellorar a estrada Santiago Val do Dubra

A estrada DP-7804 e competencia da Deputación da Coruña e a licitación sae cun orzamento de 1,15 millóns de euros.

Imaxe dun dos tramos que arranxará a Deputación

Compostela, 30/06/2026 – A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación as obras de mellora do firme da estrada provincial DP-7804, de Val do Dubra a Santiago, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+000 e 22+760, no termo municipal de Santiago de Compostela.

O proxecto da Deputación conta cun orzamento de 1.150.848,02 euros e permitirá completar as obras de ampliación e mellora do trazado que a Deputación está ultimando neste mesmo vial. O obxectivo é ofrecer unha vía máis segura, moderna e adaptada ao elevado volume de tráfico que soporta esta conexión entre Santiago e Val do Dubra.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xullo. Unha vez adxudicada, a obra terá un prazo de execución de cinco meses, contado desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Os traballos previstos inclúen a apertura de cunetas e limpeza de paseos, o fresado e reposición do firme nas zonas de travesía, o parcheo de fochancas e o estendido dunha dobre capa de mestura bituminosa en quente, de 5 e 6 centímetros de espesor, ao longo da calzada. No tramo de travesía executarase unha única capa de rodadura de 5 centímetros.

A actuación que financia a Deputación complétase coa mellora da drenaxe nos puntos nos que se producen filtracións de auga e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Con esta intervención, a Deputación culminará unha mellora integral deste tramo da rede viaria provincial, reforzando a seguridade, a comodidade da circulación e as condicións de visibilidade nun dos principais accesos entre Santiago e Val do Dubra.

Post navigation

Previous: Continua a polémica polo caso de acoso sexual no concelllo de Padrón
Next: O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.