Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Melloras na seguridade viaria de Vedra

deputacion-mellora-vedra-slide-7-xunho-2024-(2)_r

Bisbarra, 7 de xuño do 2024 – A Deputación da Coruña inviste medio millón de euros na execución de diversas obras de mellora da seguridade peonil no concello de Vedra.

O presidente da Deputación, Valentín González, acompañado do alcalde, Carlos Martínez Carrillo, da deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e de técnicos do departamento de estradas, visitou distintas actuacións de construción de beirarrúas e sendas.

Formoso destacou que “a mellora da seguridade peonil é unha das prioridades incluídas no Plan Estratéxico de Estradas recentemente aprobado pola Deputación”.  “O obxectivo do plan é racionalizar, planificar e modernizar a xestión da  rede provincial de estradas” engadiu o presidente provincial.

En Vedra actuouse na DP 8901 de Gaiosa a Ponte Sarandón, os traballos xa están rematados e supuxeron un investimento de 205.604 euros para construír un novo tramo de beirarrúas por ambas marxes da estrada ao longo de case 700 metros, así como para configurar novos espazos de aparcamento, que melloran a seguridade peonil e dan servizo á veciñanza dunha zona na que hai unha elevada concentración de vivendas, pese ao cal non dispoñía ata agora dun espazo seguro para a circulación de peóns.

As obras incluíron tamén a mellora do sistema de drenaxe e recollida de pluviais da estrada, así como a rotulación na calzada dun “stop” e un cebreado para incrementar a seguridade viaria.

A comitiva supervisou tamén a zona onde nas vindeiras semanas se iniciarán os traballos de mellora da seguridade peonil en distintos tramos das estradas provinciais DP 8203 e DP 1202, que supoñen un investimento de 252.200 euros

No caso da DP-1202, as obras afectarán ao tramo situado entre o velódromo e o cruce que leva á igrexa de Vedra. No da DP-8203, desenvolveranse na zona comprendida entre o punto quilométrico 0+000 (onde conectan coa actuación na DP-1202) e o 0+890, pasando por diante do Concello. Finalmente, actuarase entre os puntos quilométricos 6+100 e 6+680, na zona de San Xián de Sales.

O obxectivo destas actuacións é garantir a seguridade peonil nos tres tramos. En primeiro lugar, incrementarase a sinalización tanto vertical como horizontal. Aplicaranse sobre o pavimento bandas transversais de alerta e novos pasos de peóns, e colocaranse novos sinais verticais, tanto de perigo para advertir da presenza de viandantes como de velocidade máxima de circulación.

Ademais, en San Xián de Sales crearanse, na marxe esquerda da estrada, unha senda peonil e unha zona de aparcadoiro en liña. A senda estará ao mesmo nivel da calzada, cunha separación do estacionamento mediante delimitadores de caucho reciclado. Debido a que será necesario realizar un movemento de terras para gañar espazo suficiente, construirase un muro de contención para que se sosteña o terreo.

Durante a visita, o alcalde de Vedra demandou dúas actuacións referidas á mellora da seguridade peonil. Por unha banda, a continuación da senda da DP 8901, que baixa ata o río Ulla e dá acceso ao campo onde se celebra a popular Festa do Viño. Así mesmo, tamén expuxo a posibilidade de construír un novo tramo na DP 1202 que conecte os núcleos de Trobe e Vedra. O presidente comprometeuse a someter estas petición á avaliación técnica do departamento de Vías e Obras.

Os traballos teñen un prazo de execución de cinco meses, polo que se prevé que estean rematados a principios de novembro.

Post navigation

Previous: Boqueixón organizará visitas guiadas á cova do Pico Sacro
Next: Teo media no conflito laboral da empresa concesionaria da limpeza

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.