Bisbarra, 24 de agosto do 2022 – A Deputación financiará as obras de humanización da rúa Coruña, no concello de Ordes, cun total de 80.000 euros.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa en funcións, Ana María Soneira Liñares, xunto co deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades.

A aportación do organismo provincial supón o 69% que ascende en total a 115.000 euros. A actuación centrarase na realización dun novo pavimento para a citada rúa, nunha lonxitude de 200 metros por unha anchura media de 8 metros. O obxectio é ter ao mesmo nivel as beirarrúas, os carrís de circulación de vehículos e os aparcadoiros.
Os traballos consistirán na demolición do pavimento actual para instalar o novo, que será executado ao mesmo nivel nos primeiros 175 metros e nos derradeiros 25 metros procederase á mellora da capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente. Por outra banda, o proxecto contempla a extensión de 25 metros da rede e pluviais existente e a execución de novas arquetas sumidoiro, a instalación de 380 metros de tubaxe para a rede de abastecemento, e, por último, a instalación da sinalización horizontal e vertical necesaria