Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Melide e a Deputación mellorarán trece rúas do concello

depu convenio melide mellora 13 ruas SLIDE 19 maio 2025

Ambas as dúas institucións veñen de asinar un convenio que permitirá as melloras e que suporá un investimento de 300.000 euros, dos que a Deputación aporta o 80%.

A Deputación da Coruña e o Concello de Melide veñen de asinar un convenio de colaboración para a execución de obras de mellora en trece rúas do municipio, cun investimento total de 300.000 euros. A Deputación achegará 240.000 euros, o 80% do total, mentres que o Concello asumirá os 60.000 euros restantes.

O acordo foi formalizado na sede da institución provincial nun acto no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Melide, José Manuel Pérez.

As actuacións previstas inclúen a reparación do firme, a pavimentación, a apertura e limpeza de cunetas, así como a renovación da sinalización horizontal nas seguintes rúas: Alfredo Álvarez González, Camiño O Meire, Camiño Cabanelas, acceso á Cooperativa, Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Camiño Arribas, Camiño Gondolín a Garea, Xoán XXIII, Sofía Casanova, Pastor Barral Camoiras, Bocelo, Rañado, Pilar e San Salvador.

O presidente da Deputación, Valentín González, afirmou que “O mantemento das infraestruturas municipais é esencial para garantir a seguridade viaria, mellorar a calidade de vida da veciñanza e contribuír a unha imaxe máis coidada e atractiva das nosas vilas e cidades”-

Formoso insistiu na importancia da colaboración institucional como ferramenta para avanzar na igualdade territorial: “Desde a Deputación traballamos da man dos concellos para mellorar o día a día da xente, vivan onde vivan. Esa é a nosa prioridade: sumar esforzos para construír municipios máis cómodos, seguros e habitables”.

Pola súa banda o alcalde de Melide, José Manuel Pérez,  agradeceu o apoio da Deputación e sinalou que estas actuacións permitirán mellorar o estado de rúas que levaban anos agardando unha intervención para mellorar o seu estado.

Post navigation

Previous: A Ascensión, a festa máis compostelá de Santiago
Next: Compostela segue na loita contra as pintadas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.