Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Deputación e concello de Melide buscan colaboración en cultura e deporte

melide cultura reunion deputacion SLIDE 10 xunho 2025

A concelleira de cultura, deportes e lingua de Melide, Ana Mosteiro, e as deputadas de cultura e Plans da Deputación da Coruña, Cristina García e Natividade González, visitaron distintas infraestruturas do municipio

A Deputación é unha ferramenta fundamental en moitas das áreas que teñen que atender os concellos medianos e pequenos da comarca. Máis alá do Plan Único de Obras, as aportacións en materia cultural e deportiva son cada vez maiores.

Coa finalidade de coñecer de primeira man o estado de distintas instalación en Melide, as deputadas provinciais Cristina García e Natividade González, acompañadas da concelleira de cultura, deportes e lingua, Ana Mosteiro, visitaron o concello.

As Deputadas comprometéronse a trasladar e analizar no seo do goberno da Deputación as demandas trasladadas pola concelleira e as posibles solucións que se poderían aportar. Cristina García, Natividade González e Ana Mosteiro, percorreron instalacións como o Pavillón Polideportivo, a Piscina Climatizada Municipal e a Casa da Cultura de Melide.

 Durante a visita, puideron comprobar directamente as deficiencias dalgunhas destas infraestruturas, especialmente a piscina municipal. Trátase dun proxecto de grande envergadura, que require un investimento considerable.

A recuperación e mellora destas dotacións resulta fundamental para o Concello de Melide, tanto desde o punto de vista deportivo como cultural, e permitirá garantir servizos públicos de calidade para toda a veciñanza.

Supón, ademais, unha oportunidade para dinamizar a vida social e comunitaria, favorecer hábitos de vida saudables e mellorar o acceso á cultura e ao deporte, especialmente entre a mocidade e as persoas maiores.

A concelleira, Ana Mosteiro, agradeceu a dispoñibilidade de colaboración e trasladou “a importancia da cooperación institucional para avanzar cara solucións reais”.

Ana Mosteiro quixo tamén valorar a visita e tamén o traballo que se fai desde o goberno da Deputación facendo fincapé “ en que apoiar desde esta institución aos concellos en actuacións deste tipo son unha aposta polo reequilibrio territorial e pola mellora das condicións de vida no rural”.

Post navigation

Previous: Cuarta edición de “Altamira Brilla”
Next: Xunta de Goberno “urbanística” en Compostela

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.