Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación destina máis de medio millón  de euros a igualdade

625.000 euros é a cifra que se destinará a políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro por parte da Deputación da Coruña.

Sol Agra Deputada de Igualdade da Deputación da Coruña

Coruña, 7/04/2026 – A Área de Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 625 000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou onte a concesión provisional das subvencións correspondentes ao programa FOIO0A, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026. Súmanse ás axudas, xa definitivas, do programa FOIO0B para investimentos e mellora de recursos.

Da primeira destas liñas son beneficiarias provisionalmente 47 entidades, cun importe total de 573 081,75 euros. Asemade, hai outras tres que suman 26 917,98 euros, cuxa concesión está condicionada á emenda en prazo dos requisitos sinalados na resolución publicada no BOP.

Entre as entidades que provisionalmente resultan beneficiarias destas axudas cabe sinalar algunhas tan destacadas como Cruz Vermella Española, con 28 488,94 euros; Rexenerando S. Coop. Galega, con 25 455,63 euros; a Federación Galega de ANPAS Compostela, con 22 435,04 euros; A.L.A.S Coruña con 23 739 euros ou a Asociación de Mulleres Rurais de Galicia con 16 352 euros.

Grazas ás axudas da Deputación, poderanse desenvolver proxectos que van desde programas formativos e de capacitación profesional até servizos de apoio integral a mulleres en situación de vulnerabilidade, pasando por iniciativas de sensibilización, accións comunitarias ou recursos para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A deputada de Igualdade, Sol Agra, subliña que con esta convocatoria «reafirmamos o noso compromiso co apoio ao tecido asociativo que traballa día a día pola igualdade real e efectiva». Neste sentido, destacou que «o cambio constrúese desde o local», polo que considera fundamental «garantir a estabilidade dos proxectos que están a transformar a realidade social desde a proximidade».

Agra pon en valor «o papel do apoio económico das institucións ás entidades aliadas que traballan desde a sociedade civil», pois o seu coñecemento do territorio «permite desenvolver intervencións máis eficaces». Ademais, incide en que «sen ese traballo continuado sería máis difícil avanzar na prevención das violencias machistas e na promoción dos dereitos das mulleres».

Case 52 000 euros para equipamentos

A contía provisionalmente concedida mediante a liña FOIO0A/2026 súmase aos 52 612,11 euros xa outorgados definitivamente a finais de marzo a través do programa FOIO0B, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026.

Resultaron beneficiarias 15 entidades da provincia, que destinarán os fondos a obras, adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e actividades en materia de igualdade de xénero.

Post navigation

Previous: Compostela prepárase para o Cruceiro Fest
Next: Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.