Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

O presidente da Deputación, Valentín González, acudiu ao concello de Lousame, onde asinou o convenio de financiación

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)

O concello de Lousame recibiu este xoves a visita institucional do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Alí asinou co alcalde, Esteban Ares García, o convenio de colaboración para executar as obras de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán.

No acto estiveron acompañados por case todos os concelleiros da corporación municipal así como por representantes do Lesende CF, entre os que estaba Antonio del Río, presidente do club.

A renovación do céspede conta cun orzamento total de 204.781,14 euros. A Deputación achegará 163.824,91 euros, o 80%, e o Concello de Lousame asume o importe restante, que o financiará grazas a un acordo conseguido por Esteban Ares coa Xunta de Galicia.

As obras de Lousame inclúen a retirada do equipamento existente, o levantamento do céspede actual, a limpeza das canles perimetrais de drenaxe e a instalación dun novo céspede que cumpre coa norma UNE-EN 15330-1 e conta coa certificación FIFA Quality Pro, ademais da colocación de novas bandeirolas regulamentarias.

Valentín González Formoso destacou que esta actuación permite mellorar unha infraestrutura moi utilizada polos clubs e pola veciñanza de Lousame, garantindo condicións axeitadas de seguridade e calidade para a práctica deportiva.

Pola súa banda, o alcalde de Lousame, Esteban Ares, agradeceu o apoio económico da Deputación “é fundamental que unha administración como a Deputación colabore cos concellos pequenos e rurais á hora de acometer este tipo de investimentos, moi necesarios para a práctica deportiva e non poden ser asumidos en solitario”.

#EuConZernadas

Tras agasallar ao presidente provincial cuns licores de Berrimes, Esteban Ares aproveitou para presentarlle o material da campaña “#EuConZernadas”, coa que o Concello de Lousame promoverá a candidatura de Diego Zernadas de Castro ao Día das Letras Galegas de 2027, coincidindo co 250 aniversario da súa morte.

Esteban Ares entregoulle a Valentín González Formoso unha serie de libros coa obra literaria completa do Cura de Fruíme, editados polo Concello de Lousame nos últimos 20 anos. Así mesmo, presentoulle a imaxe da campaña de promoción da candidatura de Zernadas e fíxolle entrega dunha libreta e un bolígrafo coa imaxe corporativa, que será presentada oficialmente nos próximos días.

Post navigation

Previous: Rosa Crujeiras e Maite Flores loitarán polo reitorado da USC nunha segunda volta
Next: Polémica arredor da escola infantil de Padrón

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.