Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación licita o último tramo da Vía Verde Compostela- Tambre-Lengüelle

O treito, de 4,8 quilómetros, completará a conexión de Compostela cun itinerario sostible de 36 quilómetros

Imaxe da Vía Verde no tramo Compostela Tambre Lengüelle que sae a licitación

Bisbarra, 27/03/2026 – A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación as obras do tramo 2.2 da Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle, o último treito pendente para completar a conexión da cidade de Santiago con esta infraestrutura de mobilidade sostible.

O proxecto conta cun orzamento de licitación de 804.938,65 euros e un prazo de execución de seis meses. Este tramo, integramente situado no termo municipal de Santiago de Compostela, abrangue unha lonxitude de 4,8 quilómetros e discorre entre o camiño de As Pereiras e a estrada de acceso á aldea de Ramelle, dando continuidade ao resto do trazado da Vía Verde.

O percorrido segue o antigo trazado ferroviario en desuso e inclúe elementos singulares de gran valor paisaxístico e patrimonial, como o túnel de Reconco, de 390 metros de lonxitude, ou o viaduto sobre o arroio Sionlla, así como o paso pola contorna da estación de Verdía.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, as actuacións previstas permitirán adaptar a traza para o tránsito seguro de peóns e cicloturistas, mediante a limpeza e acondicionamento da plataforma, a mellora do firme, actuacións de drenaxe e a instalación de elementos de seguridade como varandas, sinalización e protección en puntos singulares.

Imaxe da Vía Verde no tramo Compostela Tambre Lengüelle que sae a licitación

O proxecto contempla tamén a adecuación de accesos e a creación de áreas de descanso ao longo do percorrido. “A intervención permitirá recuperar un trazado actualmente invadido pola vexetación e en estado de abandono, transformándoo nun itinerario accesible, seguro e integrado no medio natural, apto para o uso recreativo, deportivo e turístico e completando a que xa é a maior Vía Verde de Galicia”, explicou o presidente.

Con esta actuación completarase a Vía Verde e darase un paso definitivo para conectar Santiago cun itinerario de 36 quilómetros que recupera o antigo trazado ferroviario entre Compostela e Cerceda.

Post navigation

Previous: Arroz con nome propio no Café de Altamira
Next: O pleno de Compostela move a cidade entre o ruído

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.