Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación leva a Ordes e Cerceda modelos de turismo sostible

deputacion turismo sostible 26 febreiro 2026

Bisbarra, 26/02/2026 – A Deputación da Coruña impulsa oportunidades de desenvolvemento económico arredor da Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle. O organismo provincial organiza en este caso os Encontros de Emprendemento Turístico Sostible e Gastronomía Circular.

Esta iniciativa da Deputaión está  orientada a promover modelos de negocio baseados na sostibilidade, a economía circular e a valorización do produto local. A primeira das xornadas celebrouse o pasado luns no Museo do Traxe de Ordes, cunha boa acollida por parte de profesionais, persoas emprendedoras e axentes do territorio.

O encontro centrouse no potencial da Vía Verde como motor de actividade económica e contou coa participación de proxectos de referencia como Casa Grande de Xanceda, Cabañitas del Bosque e Galiwonders, que compartiron as súas experiencias.

Durante a xornada organizada pola Deputación participou o deputado Antonio Leira, que destacou o papel da Vía Verde como unha oportunidade para dinamizar o rural e crear emprego ligado ao territorio.

Leira sinalou que “A aposta por un turismo sostible e de calidade permite xerar actividade económica, apoiar ás pequenas empresas locais e axudar a fixar poboación”.

Gastronomía Circular en Cerceda

A segunda xornada da Deputación terá lugar o vindeiro luns, 2 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, no Viveiro Empresarial de Cerceda, e estará dedicada á Gastronomía Circular na Vía Verde.

O programa combinará relatorios e intercambio de boas prácticas cun showcooking con degustación a cargo de Gastrolab Arousa. Ademais, participará Horta da Lousa, proxecto agroalimentario que exemplifica a produción ecolóxica e a recuperación de variedades locais como base dunha estratexia de desenvolvemento sostible.

Ambas actividades forman parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) da Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – NextGenerationEU.

O seu obxectivo é reforzar a competitividade do tecido empresarial local, favorecer a creación de sinerxías entre iniciativas do territorio e impulsar un modelo turístico vinculado á identidade local, ao consumo de proximidade e ao respecto polo medio.

A participación na xornada de Cerceda é gratuíta, pero require inscrición previa a través do formulario habilitado: https://forms.gle/CRtuty7ReGdE22xt9. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

Post navigation

Previous: Teo cederá parcelas para vivenda de promoción pública
Next: Noia inicia un Plan Económico-Financeiro

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.