Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Val do Dubra
  • Xeral

A Deputación investirá en Compostela máis de 1,15 millóns de euros

O investimento da Deputación da Coruña servirá para mellorar o firme da DP-7804 en Santiago

DEPUTACION INVESTIMENTO EN SANTIAGO 3 FEBREIRO 2026

O pleno da Deputación da Coruña aprobou un investimento de 1.150.848 euros para executar as obras de mellora do firme da estrada provincial DP-7804 de Val do Dubra a Santiago.

Esta actuación da Deputación completará as obras de ampliación e mellora do trazado que a Deputación está ultimando nesta mesma vía. En este caso o investimento é de máis de 1 millón de euros, co obxectivo de ofrecer unha vía máis segura, moderna e adaptada ao elevado volume de tráfico que soporta ao conectar Santiago con Val do Dubra.

Os traballos que inclúe o proxecto son a roza e limpeza de cunetas, o fresado do firme existente e a súa reposición nas zonas de travesía, así como o extendido dunha dobre capa de mestura bituminosa en quente, de 5 e 6 centímetros de espesor, ao longo de toda a calzada. No tramo de travesía executarase unha única capa de rodadura de 5 centímetros.

A obra da Deputación complétase coa reposición da sinalización horizontal e vertical, mellorando as condicións de visibilidade e seguridade tanto para os vehículos como para os peóns.

O prazo de execución previsto é de cinco meses, permitindo culminar unha intervención integral neste tramo da rede viaria provincial, que inclúe tamén a recente construción da nova ponte sobre o rego Gatofero e a ampliación da plataforma da estrada.

Post navigation

Previous: Día Mundial dos Humidais
Next: Os socialistas impoñen en Compostela, co apoio do PP, unha xestión da auga por concesión

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.