Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Vedra

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

A Deputada de Plans Provinciais, Cristina García, visitou o concello de Vedra e destacou a importancia do Plan Único

Visita de representantes da Deputación a Vedra

Vedra, 28/4/2026 – A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, visitou o Concello de Vedra nunha xornada de traballo institucional para coñecer sobre o terreo o desenvolvemento de actuacións financiadas pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan Único (POS).

A visita comezou cunha recepción institucional na casa consistorial xunto ao alcalde, Carlos Martínez, e o concelleiro de Obras, Enrique Vázquez. Tamén estiveron presentes tres concelleiros da oposición: Xosé Antonio Pose ‘Fou’ e Xesús Castro (BNG), así como Begoña González (PSdeG).

Tras o encontro, a comitiva desprazouse para visitar a actuación de reforma de camiños en Sales, Sarandón e Vilanova, así como o aparcadoiro en Ponte Ulla, unha das intervencións incluídas no POS+2025. Esta obra conta cun investimento de 157.814,29 euros achegados integramente pola Deputación da Coruña para mellorar infraestruturas viarias e servizos no municipio.

publicidad concello de rois santo isidro 2026

Máis de 6,3 millóns desde o 2017

Desde a creación do Plan Único no 2017, Vedra recibiu 6,3 millóns de euros da Deputación da Coruña, unha achega que permitiu impulsar 25 obras e actuacións, consolidando unha aposta sostida pola mellora de infraestruturas, servizos básicos e calidade de vida da veciñanza. Máis de 3 millóns de euros dese total destináronse a investimentos directos en obras de abastecemento, saneamento, mellora de camiños e equipamentos públicos.

Para este ano, Vedra conta cunha achega inicial de 724 681,55 euros a cargo do POS, unha cifra que se verá incrementada ao longo dos vindeiros meses a través de novos plans complementarios, mantendo un nivel de investimento similar ao do pasado ano.

Durante a visita, Cristina García Rey destacou que «o POS naceu para deixar atrás outros plans finalistas que lles dicían aos concellos onde tiñan que investir. Nós apostamos por modelos onde sexan as corporacións locais as que decidan cal é o mellor destino dos fondos».

A deputada provincial subliñou tamén que «o POS ten criterios obxectivos e reparte o diñeiro con transparencia, goberne quen goberne», incidindo en que se trata dunha ferramenta que «aposta por unha repartición xusta e equitativa».

Nesa mesma liña, puxo en valor que este modelo de financiamento «permítelles ao goberno e aos grupos na oposición facer un traballo máis efectivo e pensando sempre na veciñanza», reforzando así a capacidade de decisión municipal e a cooperación institucional.

Post navigation

Previous: Problemas na senda de Figueiras e nas obras da DP-7804 en Santiago
Next: Un ano máis activamos a campaña Subscríbete ao galego

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.