Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Cerceda
  • Ordes
  • Oroso
  • Xeral

A primeira Vía Verde da provincia inaugúrase en setembro

O 4 de setembro a Deputación da Coruña inaugurará a Vía Verde Cerceda-Oroso cunha andaina e marcha cicloturista popular.
FLYER_Vias-Verdes

Bisbarra, 18 de agosto do 2022 – O 4 de setembro a Deputación da Coruña inaugurará a Vía Verde Cerceda-Oroso cunha andaina e marcha cicloturista popular.

Un dos tramos da nova Vía Verde

A participación é de balde pero hai que anotarse, antes do un de setembro, nos concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso ou Santiago de Compostela. A saída será desde a estación de Queixas-Londoño (Cerceda) e haberá servizo de bus desde os municipios da Vía Verde.

A Vía Verde Tambre Lengüelle unirase no futuro con Santiago de Compostela completando o primeiro itinerario de este tipo na provincia. O paseo discorre sobre o antigo trazado do ferrocarril entre Santiago e Cerceda, en desuso coa posta en funcionamento do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

Tras rematar as obras de acondicionamento deste tramo da Vía Verde, que suman un investimento de 2 millóns de euros, agora o obxectivo é dar a coñecer esta nova infraestrutura que percorre os concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso. 

A andaina sairá da estación de Queixas-Londoño, en Cerceda, e finalizará na estación de Sigüeiro, en Oroso, cun percorrido total de 21 quilómetros e pasando pola estación A Pontraga de Ordes e a Estación de Trasmonte en Oroso.

As persoas participantes contarán con avituallamentos durante todo o traxecto e habilitarase un servizo de bus desde os diferentes municipios da Vía, tanto para recoller ás persoas que non finalicen a andaina como para levalas ao punto de saída e recollelas na chegada para levalas ao seu lugar de orixe.

A Deputación anima a participar nesta actividade a toda a veciñanza dos concellos que forman a Vía Verde e tamén doutros xa que este é un proxecto que permite recuperar as vías de ferrocarril en desuso para darlle unha segunda vida, promovendo un novo modelo de mobilidade sostible entre as localidades polas que discorre.

Post navigation

Previous: Noia prepárase para o San Bartolomeu
Next: A mellor cerámica pasa por Brión

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.