Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

A Deputación impulsa o coworking de Brión

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e a concelleira de Emprego, Guarina Rey, visitaron á Asociación Darredor en Brión.

deputacion coworking brion 25 febreiro 2026 (2)

Brión, 25/02/26 –  O coworking Darredor, no concello de Brión, forma parte da rede de centros da Deputación, sendo un dos máis apegados ao territorio, Os produtos de proximidade e a súa elaboración son o núcleo do seu traballo.

Co fin de ampliar esas posibilidades a Deputación ven de financiar a compra do equipamento necesario para ampliar as liñas de produción de conservas vexetais e masas. O proxecto subvencionado leva por nome “Valorización de recursos locais para a elaboración de conservas artesanais”.

Esta semana o coworking de Brión recibiu a visita da deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e a concelleira de Emprego de Brión e presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey.

O motivo do encontro coñecer in situ as instalacións que xestiona a asociación Darredor. O investimento aportado pola Deputación, que ascende a 13.500 euros, permitirá mellorar os obradores da entidade e aumentar a súa capacidade de produción.

Na visita a Brión Cristina Capelán, e Guarina Rey, estiveron guiadas pola presidenta da Asociación Darredor, Nieves Dosil, e pola dinamizadora do coworking brionés, Carme Freire.

Capelán destacou que Darredor desempeña un papel clave na transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais da contorna e sinalou que o apoio a iniciativas como esta xera valor engadido ás producións locais, evita perdas e abre novas oportunidades económicas para produtoras e produtores do rural.

A subvención permitiu a Darredor adquirir nova maquinaria e equipamento para os dous obradores da entidade, o de conservas vexetais e o de masas. Estas melloras optimizarán a transformación de alimentos, reforzarán as garantías sanitarias e incrementarán a capacidade produtiva do centro de Brión.

Cos produtos do agro local elaboran marmeladas, cremas de verduras, zumes de froitas, froitas deshidratadas e outras preparacións que permiten aproveitar mellor as colleitas mediante a súa transformación, xerando maior valor engadido e reducindo perdas no campo. Uns produtos que, grazas a espazos colaborativos como o coworking de Brión, poden chegar ao mercado con todas as garantías sanitarias e con produtos elaborados como zumes, marmeladas, salsas, patés, cremas…que se producen e transforman dun xeito totalmente sostible”.

Pola súa banda, Guarina Rey puxo en valor que “dende o Concello de Brión e o GDR Terras de Compostela queremos apoiar o noso rural e promover o comercio dos mellores produtos que producen os noso veciños e veciñas nas súas hortas.

Darredor: un referente do rural coruñés

A Asociación conta actualmente con 85 persoas asociadas e máis de 200 persoas vinculadas á súa actividade, ademais de colaborar con outras asociacións e comunidades de montes da provincia.

Só en 2023, os seus obradores rexistraron 482 xornadas de uso, consolidando a entidade como un referente na transformación artesanal de produtos do sector primario.

Investimentos como este contribúen a fortalecer o emprendemento rural e a avanzar cara a un modelo sostible baseado nos recursos locais, promovendo economía, emprego e innovación no rural da provincia.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Teo Montero Rey gaña o Premio Portus Apostoli de Composición
Next: A Baña activa un plan estratéxico de vivenda

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.