Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

 “Praza no Ágora”, a Deputación aborda a crise democrática

A Deputación da Coruña levará á  “Praza no Ágora” o papel da mocidade na crise democrática

deputacion foro democracia 22 setembro 2026

Compostela, 23/09/2026 – As redes sociais, a polarización política e as novas formas de participación da mocidade serán algúns dos eixos do primeiro encontro “Praza no Ágora”.

Trátase dun novo programa de debates que pon en marcha a Deputación da Coruña co foro O papel da mocidade na crise democrática, organizado pola área de Dereitos Civís da coa colaboración da Fundación Praza Pública. Terá lugar o 25 de setembro no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela.

Como se espallan os discursos de odio nas redes sociais? Está a medrar o pensamento de extrema dereita entre parte da mocidade? Que papel ten a xente nova no fortalecemento do sistema democrático? Estas son algunhas das cuestións que se abordarán ao longo dunha xornada que reunirá voces procedentes da universidade, o asociacionismo, o emprendemento e a comunicación.

A deputada de dereitos civís, Sol Agra, sinalou que este foro “parte da percepción de que unha parte da mocidade vive con desencanto o momento histórico actual, unha realidade que diferentes estudos relacionan cun aumento da polarización e do apoio a opcións políticas extremas.

“Praza no Ágora” pretende analizar as causas deste fenómeno e, ao mesmo tempo, explorar as posibilidades de participación da xente nova na construción dunha democracia máis sólida e inclusiva”. “O bo da democracia”, engadiu, “era que se puidese argumentar e que puideran cambiar a túa opinión en función dos argumentos do outro, e agora parece que xa non se fai, o algoritmo nos leva a escoitar só os argumentos cos que estamos de acordo”.

Tal e como sinalou, “Praza no Ágora”, reivindica, ademais, “a conversa presencial como espazo de reflexión colectiva nun contexto no que boa parte do debate público se desprazou das prazas ás pantallas”. O formato combina conversas abertas, intercambio de ideas e participación do público, con intervencións de persoas de diferentes idades e ámbitos.

A programación estrutúrase arredor de tres coloquios, denominados beefs, en referencia á linguaxe empregada habitualmente pola mocidade para definir os enfrontamentos dialécticos.

A mañá comezará cunha apertura institucional e continuará con A visión desde a academia, moderado por Llerena Perozo, traballadora cultural, escritora e membro do padroado da Fundación Praza Pública, no que participarán a antropóloga e activista Luzía Oca, o profesor de Ciencias Políticas Serxio María Rodríguez e a estudante de Xestión Cultural e representante estudantil Xela Rodríguez Domínguez.

A continuación, Eu que pinto aquí?, moderado polo xornalista e director de Praza.gal David Lombao, abordará diferentes formas de compromiso xuvenil, desde a economía social e o emprendemento ata o activismo cidadán, coa participación do investigador Martín Salvado, Aida Estévez, integrante do Círculo de Xóvenes Emprendedores, e Ana Baneira, voluntaria en ONG.

Xa pola tarde, Todo pasa nas redes partirá da proxección do documental The Social Dilemma para abrir un coloquio moderado pola enxeñeira informática, profesora na UDC e fundadora de Imaxin Software Luz Castro. Miriam J. Lastra, Marta Veiga Izaguirre e Prado Rúa analizarán a influencia das plataformas dixitais na formación da opinión pública, a desinformación e os novos modelos de comunicación política e social.

A xornada completarase cunha apertura institucional e un peche musical a cargo do grupo muradán de punk rock Lisdexia.

Post navigation

Previous: III Ruta do Románico Teense
Next: Rois presenta o seu Outono Cultural

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.