Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

A Deputación licita o proxecto de mellora da estrada de Santa Comba a Coristanco

deputacion mellora estrada sta comba coristanco 4 novembro 2025 (2)

Unha intervención que nace do acordo entre o presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, quen solicitara a intervención pola perigosidade que supón para os condutores.


A Deputación ven de licitar, cun orzamento de 21.139 euros, a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 2904, que conecta os municipios de Coristanco e Santa Comba. O obxectivo é mellorar os treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 6,000 e 13,500 e dende o 15,300 ao 17,500.

O proxecto debe contemplar a mellora do trazado mediante a eliminación ou suavización de varias curvas sinuosas para, así, incrementar a seguridade na circulación, xa que se trata de puntos nos que se rexistraron múltiples accidentes nos últimos anos a pesar do bo estado do firme. Deste xeito, o groso da actuación estará centrado na redefinición do trazado nestes tramos.

O documento encargado pola Deputación incluirá tamén o estudo dos desvíos necesarios para manter o tráfico durante a execución das obras, valorando distintas alternativas como itinerarios alternativos, desvíos provisionais por medias calzadas ou ampliacións temporais da plataforma.

Os traballos responden ao compromiso adquirido polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, quen solicitara a intervención pola perigosidade que supón para os condutores.

O presidente salientou que a licitación da redacción do proxecto “é un primeiro paso, pero moi importante, para incrementar a seguridade nun viario que presenta unhas curvas que non se adaptan ás condicións actuais do tráfico” e asegurou que a actuación se enmarca “no compromiso que temos dende a Deputación por mellorar a rede de estradas provinciais, garantindo conexións máis cómodas e seguras”.

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, agradece “de novo a implicación da Deputación co noso Concello” e agarda que as obras se “poidan executen coa máxima celeridade posible para arranxar unha situación que ten preocupada a nosa veciñanza a aos usuarios desta estrada”.

Post navigation

Previous: “As Liñas Torcidas de Eros”, Compostela pensa en sexualidade
Next: Un Cinema Miúdo máis internacional e comprometido

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.