Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Deputación e concello de Santiso renovan o céspede do campo de fútbol municipal

deputacion campo futbol santiso 24 outubro 2025

A renovación na que colabora a Deputación supón un investimento de máis de 180.000 euros e beneficiará aos tres equipos que usan na actualidade as instalacións.


A Deputación da Coruña e o Concello de Santiso veñen de formalizar un convenio de cooperación para o cofinanciamento das obras de reposición do céspede artificial no campo de fútbol municipal de Santiso.

O acordo permitirá acometer unha actuación moi demandada pola veciñanza e polos clubs locais, que suporá a renovación integral do terreo de xogo despois de máis de vinte anos de uso continuado.

A Deputación achegará un total de 123.000 euros, o que representa o 66,25% do orzamento total da obra, cifrado en 185.648,62 euros, mentres que o Concello completará o financiamento con fondos propios. Na firma do documento participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiso, Manuel Adán.

As obras contemplan a retirada do equipamento deportivo e do céspede artificial existente, o acondicionamento e reparación do firme e da canaleta perimetral, e a instalación dun novo céspede de última xeración, con base elástica e materiais homologados segundo o programa FIFA Quality.

En total a Deputación axudará a renovar máis de 5.200 metros cadrados de superficie de xogo, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e confort para deportistas e usuarias das instalacións.

O campo de fútbol de Santiso, construído hai dúas décadas, acolle actualmente a actividade de tres equipos (un sénior, un de veteranos e un feminino) que adestran e compiten a diario nestas instalacións. A actuación considérase, por tanto, de especial relevancia social e deportiva para o municipio, contribuíndo á promoción do deporte base e á mellora da calidade dos servizos públicos locais.

Con este  convenio, a Deputación afonda no seu compromiso coa cooperación cos concellos da provincia, especialmente cos de menor capacidade económica, impulsando investimentos que melloran a vida da cidadanía e fomentan a práctica deportiva en condicións óptimas.

Post navigation

Previous: Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan San Clemente de novela
Next: Frades reclama de novo a mellora da atención primaria

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.