Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda

“Cantiga de amiga” sobre a homosexualidade feminina na Idade Media

O documental “Cantiga de amiga” é unha idea orixinal de Carlos Callón e impulsado desde a Deputación da Coruña

deputacion premio documental lgtbq 21 outubro 2026

Bisbarra, 21/10/21026 – A Deputación da Coruña acolleu a presentación de ‘Cantiga de Amiga’, un proxecto da área de igualdade da Deputación, realizado por Nós TV e con idea orixinal, guión e documentación de Carlos Callón.

Este documental estrearase o 24 de outubro ás 12h, no YouTube da Deputación da Coruña e de Nós Televisión. Tamén estará dispoñible na canle 9 de Nós TV e en Movisar+.

A deputada de Igualdade, Marisol Agra, destacou a importancia de recuperar e dar a coñecer historias que quedaron fóra do relato histórico. «Queremos saber que foi desas historias de mulleres lesbianas na Idade Media a través das cantigas de amiga nas que se falaba de amor entre dúas mulleres», explicou.

Agra subliñou que o documental contribúe a sacar á luz realidades historicamente invisibilizadas. «Estas historias quedaron silenciadas, pero estas realidades existiron sempre», afirmou. Neste sentido, vinculou a recuperación da memoria histórica coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBI+: «Neste momento no que se cuestionan os dereitos do colectivo LGTBI+, queremos lembrar que non pode dar un paso atrás na súa conquista».

A deputada salientou tamén o valor da investigación que sustenta a peza, que permitirá achegar ao público unha importante descuberta histórica e afondar no coñecemento das experiencias e relacións afectivas entre mulleres na Galicia medieval.

Pola súa banda, Carlos Callón agradeceu á Deputación da Coruña o seu compromiso coa recuperación e divulgación da memoria histórica e da diversidade sexual. «Grazas á Deputación, que está realizando un traballo moi útil non só para a provincia, senón para o país», sinalou.

O investigador puxo o foco na necesidade de combater o silenciamento destas historias e de recuperar os nomes e as pegadas das mulleres que formaron parte da historia galega. O documental nace precisamente da vontade de rescatar esas voces do esquecemento e de contribuír a unha visión máis completa da sociedade medieval, incorporando realidades que durante séculos permaneceron á marxe dos relatos dominantes.

Sinopse

‘Cantiga de amiga’ é un documental para paliar a falta de coñecemento que hai sobre a homosexualidade feminina en Galiza na Idade Media. Pon luz sobre a historia de Sancha Pérez e María Leve, que viviron en Compostela no século XIII, e que constitúen o único caso en toda a Europa en que se nos legou o nome dun casal lésbico, e mesmo a rúa en que moraron.

Tamén conserva unha cantiga “de amigo” en que unha muller fala do despeito por outra muller, polo que o máis correcto sería chamala “cantiga de amiga” (e de aí a orixe do título  deste documental).

E de sinalar son tamén varios cantares en que se fai referencia a relacións entre soldadeiras, e entre eses versos chaman a atención aqueles que están protagonizados dun xeito moi explícito por outra muller lésbica galega, que tamén coñecemos polo seu nome: María Mateu. Perdemos os seus rostros e moita da información das súas vidas, mais cos datos que temos podemos evocar as voces destas mulleres.

Post navigation

Previous: Sanción de case cen mil euros á empresa de García Lorca
Next: Recuperar a percusión tradicional galega

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.