Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación conmemora o 8M

deputacion 8 m SLIDE

Bisbarra, 6 de marzo do 2025 – A Deputación da Coruña conmemora neste 2025 o 8M “Día da Muller” desenvolvendo unha xornada sobre os “Retos e Resistencias das Mulleres Migrantes”.

A cita terá  lugar mañá 7 de marzo no Circo de Artesáns (rúa Santo Andrés 36) de 9.15 a 14.00h. O obxectivo desta xornada é reivindicar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos.

Para participar é preciso inscribirse neste formulario ou escaneando o QR do cartaz.

A Deputada de igualdade Soledad Agra explica que “As mulleres migrantes atravesan múltiples discriminacións non só polo feito de ser mulleres, senón tamén por ser migrantes. Súmanse dous factores que reforzan unha brecha que aínda hoxe continúa a ser infranqueable”.

Agra engade que “A precariedade laboral, as dificultades para acceder a unha vivenda digna e a tripla discriminación por xénero, orixe e situación administrativa irregular agravan a súa situación de vulnerabilidade, sendo vítimas de discriminación transversal, que combina factores de xénero, orixe e situación socioeconómica”.

O obxectivo da área de igualdade neste 8M é promover un espazo de reflexión e diálogo sobre as experiencias, desafíos e estratexias de resistencia das mulleres migrantes na sociedade actual.

Un punto de encontro para activistas, expertas, representantes da comunidade migrante e público en xeral para compartir testemuños e propostas sobre as políticas e prácticas necesarias para garantir a súa inclusión e benestar.

Yarama Africa, entidade sen ánimo de lucro que deseña e desenvolve proxectos sociais e culturais cun importante transfundo social sobre feminismo, antirracismo e compromiso social é a facilitadora deste encontro, que finalizará co monólogo antiracista e afrofeminista de Asaari Bibang.

Toda a información do encontro “Retos e resistencias das mulleres migrantes”

Post navigation

Previous: 8M en Teo
Next: O noso canto, campaña autonómica polo 8M

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.