Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación da Coruña inviste nas estradas

deputacion-arranxo-estradas-en-vedra-slide-14-marzo-2024_r

Bisbarra, 3 de marzo do 2025 – A Deputación da Coruña investirá este ano 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais, un investimento que inclúe máis de 380.000 € para conservación.

Estrada entre Teo e Vedra, dependente da Deputación

En palabras do presidente da Deputación, Valentín González, o plan aprobado “contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria”.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,8 millóns en 2025.

Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

7.200 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 7.200 euros por quilómetro, apuntou a deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento que ano a ano rexistra o Plan de Conservación de Estradas.

Na bisbarra de Compostela destacan os seguintes investimentos:

GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino342.392,84
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar300.188,88
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques449.322,50
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro351.512,13
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra337.233,53
GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra375.333,08
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes444.319,78
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia341.047,85
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois330.481,86
GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra330.525,27
GRUPO 27 – Boiro e Rianxo297.574,63
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira465.125,60
GRUPO 34 – D.P. 1914 Carballo a Portomouro260.072,39
GRUPO 35 – Coristanco, Santa Comba e Zas341.777,31

Post navigation

Previous: Máis verde para Compostela
Next: A Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN, alega contra a Mina de Touro o Pino

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.