Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

A Deputación impulsa a nova edición do concurso “#140enpositivo”

As bases foron presentadas na Biblioteca Provincial e supoñen o inicio da edición número catorce do concurso.

deputacion 140 en positivo 4 marzo 2026

Coruña, 04/03/2026 –  A Biblioteca Provincial da Deputación abriu a XIV edición do certame anual de microrrelatos e mensaxes motivadoras baixo o lema “Palabras de amor: #140enpositivo”.

Esta iniciativa procura convertese nun espazo de creatividade e entusiasmo, convidando a participar cunha reflexión que impulse o ánimo e a superación diaria. Pode participar calquera persoa de máis de 14 anos, establecéndose dúas categorías diferenciadas por idades para separar ao público adolescente do adulto.

O formato esixido mantén a esencia de brevidade característica das redes sociais, permitindo textos cunha extensión máxima de 280 caracteres, incluídos os espazos. Os autores e autoras poden presentar as súas propostas tanto en galego coma en castelán, cun límite de ata tres por participante.

O proceso de inscrición realizarase a través da páxina web da biblioteca (https://dacoruna.gal/biblioteca), onde as persoas interesadas deberán cubrir o formulario habilitado na sección de actividades e concursos. O prazo de admisión permanecerá aberto ata o 28 de marzo.

No referente aos premios, a organización seleccionará un total de seis gañadores, tres por categoría. Os primeiros premios de cada categoría consistirán nun libro electrónico; os que queden en segundo lugar recibirán unha tarxeta regalo valorada en 75 euros para a compra de material bibliográfico; e os terceiros serán galardoados cun lote completo de produtos promocionais da biblioteca.

Ademais deste cadro de honra, a deputación agasallará a todas as persoas participantes cun pequeno obsequio institucional que se poderá recoller na propia Biblioteca Provincial.

Post navigation

Previous: Novo Encontro Americano na Granell
Next: Adega abre unha campaña para salvar ó salmón galego

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.