Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Acordo entre Deputación e concello de Santiago para a reforma da cuberta do estadio Verónica Boquete

compostela-deputacion-estadio-vero-boquete-slide-10-xunho-2024_r

Compostela, 10 de xuño do 2024 – A Deputación da Coruña e o concello de Santiago de Compostela colaborarán nas obras de reforma da cuberta do estadio municipal Verónica Boquete, en San Lázaro.

O anuncio sae dunha reunión entre o presidente da Deputación, Valentín González, e a alcaldesa, Goretti Sanmartín, na que tamén participaron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Miriam Louzao, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro.

Ao remate do encontro, Formoso anunciou que a Deputación colaborará cunha achega de ata 850.000 euros que se articulará a través dun expediente de modificación de créditos ao longo do presente ano, o que dará un prazo duns meses ao Concello para redactar o proxecto.

Gonzalez Formoso afirmou que  “Imos comezar facendo unha achega importante para renovar a cuberta, atendendo así a principal demanda do goberno municipal”. O presidente provincial demandou ademais “a implicación da Xunta” na mellora de instalación deportivas. “Non pode ser que a Xunta, que ten as competencias en Deporte, financie só infraestruturas deportivas en Ferrol e non o faga, por exemplo, en Santiago ou na Coruña”, afirmou.

Formoso e Samartín abordaron tamén a intención da Deputación de contar cunha delegación en Santiago. O presidente destacou que a institución provincial “contará cunha sede na capital de Galicia antes do final do mandato, en 2027” e que anunciou que actualmente está barallando diferentes emprazamentos para un edificio que, entre outras funcións, debe acoller unha oficina de atención tributaria e un auditorio, xa que a idea é que non só ofreza servizos administrativos, senón tamén que sexa versátil e estea aberto á cidadanía, podendo acoller actividades de carácter lúdico, social e cultural, tal e como estaba previsto no proxecto da Casa da Xuventude.

Aproveitando a reunión de traballo, Formoso e Sanmartín asinaron os convenios para o financiamento do funcionamento dos  centros socioculturais do rural e do Ensanche de Santiago, aos que a Deputación destina 220.000 euros.

A Deputación financiará o 60% os servizos de animación sociocultural e de novas tecnoloxías de 21 centros socioculturais do rural do municipio santiagués. Dito orzamento prevé un gasto de persoal para a execución destes servizos de 150.000 euros, dos que ata 90.000 serán aportados pola institución provincial para apoiar actuacións moi variadas e dirixidas para todos os públicos, para nenos e nenas e para adultos.

Doutra banda, o ente provincial financia de xeito parcial os 230.145,18 euros de custos de soldos e salarios e Seguridade Social do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, que conta con dúas persoas animadoras socioculturais, unha auxiliar administrativo e tres uxieres. O documento asinado prevé unha achega por parte da Deputación de 130.000 euros, que representan unha porcentaxe do 56,5% dos gastos sinalados.

Este Centro Sociocultural do Ensanche ofrece actividades formativas anuais dirixidas a persoas adultas e á infancia, actividades complementarias realizadas por asociacións, actividades puntuais como reunións, rutas, visitas ou circuítos saudables e actividades sociais, entre as que destacan os obradoiros de Nadal e Entroido, o baile a colaboración nas festas do barrio.

Finalmente, abordouse a posibilidade da colaboración da Deputación nun proxecto cultural colaborativo proposto polo Concello de Santiago, que se estudará en detalle a nivel técnico.

Post navigation

Previous: A Xunta reforza o equipamento do GES de Brión
Next: Teo apostará por un bus lanzadeira ante a negativa de Compostela a ampliar a liña 6

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.