Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación explora liñas de colaboración con ASANOG

ASANOG ten a súa sede en Santiago desde a que presta apoio a familias da provincia afectadas polo cancro infantil e xuvenil

deputacion asanog 23 febreiro 2026

A deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, visitaron a sede da Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG) en Santiago de Compostela.

O obxectivo da visita a ASANOG, asociación coa que o ente provincial colabora economicamente, era coñecer de primeira man a súa actividade e interesarse polas necesidades da entidade.

Durante o encontro, no que participaron responsables e equipo técnico da asociación, abordáronse os principais retos que afronta o colectivo, así como o desenvolvemento do programa “Psicoloxía e Traballo Social en Cancro Infantil”, no que se centra na actualidade o apoio da Deputación.

A achega a ASANOG do ente provincial foi de 17.000 euros no ano 2025 para reforzar a atención psicosocial ás familias da provincia afectadas polo cancro infantil. O programa subvencionado ofrece atención hospitalaria en coordinación co CHUS e co CHUAC, así como atención extrahospitalaria na sede da entidade e nos propios domicilios cando é preciso.

Inclúe tamén información, orientación e asesoramento sociolaboral, xestión de prestacións e recursos sociais, acompañamento psicolóxico durante as distintas fases da enfermidade e coordinación cos servizos sociais municipais e co SERGAS.

Segundo explicaron as responsables da entidade, ao longo do ano realizáronse centos de intervencións en atención hospitalaria e extrahospitalaria, xestión de recursos sociais, acompañamento e coordinación en rede, beneficiando a un amplo número de menores e familias da provincia.

ASANOG desenvolve un modelo de intervención integral con enfoque biopsicosocial, a través dun equipo formado por profesionais da psicoloxía e do traballo social, en coordinación co persoal sanitario da Unidade de Oncoloxía Pediátrica de Galicia.

A actuación abrangue desde o momento do diagnóstico, cando se produce un forte impacto emocional e socioeconómico, ata a fase de seguimento e retorno á vida cotiá, prestando especial atención á integración escolar, á adaptación familiar e á prevención de situacións de vulnerabilidade.

A responsable de Política Social da Deputación, Mar García Vidal, destacou a importancia de apoiar entidades como ASANOG que realizan un labor esencial de acompañamento e humanización da atención sanitaria, complementando o traballo dos servizos públicos e ofrecendo resposta inmediata ás necesidades das familias.

Pola súa banda, Antonio Leira puxo en valor o papel do tecido asociativo na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria, “especialmente cando se trata de colectivos tan vulnerables como a infancia oncolóxica”.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Rapants Club, o novo de The Rapants, publícase o 4 de marzo
Next: Denuncian o “inadmisible estado” da biblioteca do Milladoiro en Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.