Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Tres carreiras da bisbarra entre as dez mellores da provincia

frades carreira popular SLIDE20 abril 2025

A Deputación ven de publicar o listado de probas mellor puntuadas no Circuíto de Carreiras que organiza o ente provincial. Negreira, Ames e Frades están entre as cinco primeiras.

Nos últimos anos as carreiras pedestres, populares, creceron en número de participantes, calidade e organización. A Deputación da Coruña organiza o XI Circuíto de Carreiras da provincia e ven de publicar as puntuacións acadadas por cada proba.

A bisbarra copa tres dos cinco primeiros postos de esta listaxe. O top ten está encabezado pola XIV Sin-son 10k de Porto do Son e a continuación a XIII Carreira Popular Concello de Carballo; a XLIV Carreira Internacional de Negreira; a XXIV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames; e a X Carreira Pedestre Popular de Frades no quinto posto.

Tras a proba de Frades, completan as dez mellores carreiras puntuadas a XII Carreira Nocturna Corre por Ferrol, a XI Carreira Popular Concello de Rianxo, a XIII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, a V Carreira Pedestre Clásica Gandeira de Santa Comba e a XX Carreira Popular Mar de Boiro.

Hai que destacar que o Concello de Frades é tamén o municipio máis pequeno das dez primeiras probas desta listaxe. Leva dez anos impulsando esta carreira que se consolidou como unha das probas populares con maior participación da comarca de Compostela e arredores.

Na comarca de Ordes, a única proba incluída no XI Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña é a XXVIII Carreira Popular Concello de Ordes, no posto 31 e cunha puntuación de 67,10 puntos, 58,5 puntos menos que a X Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades.

X Carreira Pedestre Popular de Frades

Precisamente o vindeiro 1 de maio celebrarase a décima edición da tradicional Carreira Pedestre Popular de Frades. Este evento deportivo, organizado polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo, terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira e unha lonxitude de 8,6 quilómetros na súa categoría absoluta.

As persoas que desexen participar teñen que inscribirse a través da páxina web emesports antes do luns 28 de abril. As anotacións nas probas escolares son gratuítas (sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18) mentres que os adultos (sub 20, sub 23, senior e Master 1, 2, 3 e 4) deberán aboar 6 euros.

Premios

O Concello de Frades destina máis de 2.000 euros en premios para os cinco primeiros clasificados da categoría absoluta (250, 150, 100, 75 e 50 euros), tanto na categoría masculina como feminina; así como para os tres mellores equipos (150, 100 e 50 euros). A maiores, repartiranse vales de 100, 50 e 30 euros en material deportivo para os clubs que máis participantes acheguen á categoría escolar.

Ademais dos premios en metálico, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto para homes como para mulleres. Tamén se entregarán trofeos especiais aos tres primeiros equipos masculinos e femininos, así como para os tres primeiros clasificados/as empadroados/as en Frades. Así mesmo, haberá medallas para todos os participantes escolares

Post navigation

Previous: XXII Certame Literario Concello de Ames
Next: A Xunta e o concello de Brión mellorarán as infraestrutuas educativas do municipio

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.