Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Trazo
  • Xeral

Casa da Xuventude, Vía Verde e camiños en Trazo no último pleno da Deputación

A Deputación da Coruña apura o tempo que antes das eleccións e ven de aprobar no último pleno convenios cos concellos de Santiago e Trazo.
deputacion-convenio-casa-da-xuventude-slide-17-abril-2023_r

Bisbarra, 17 de abril do 2023 – A Deputación da Coruña apura o tempo que antes das eleccións e ven de aprobar no último pleno convenios cos concellos de Santiago e Trazo.

A controvertida Casa da Xuventude de Compostela, a Vía Verde que unirá a capital con Cerceda y arranxos para a mellora da seguridade vial en Trazo foron os principais temas aprobados na sesión plenaria da Deputación.

O convenio sobre a Casa da Xuventude de Santiago foi aprobado con 16 votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Vecinos, a abstención de Marea Atlántica e o voto en contra do Partido Popular. O acordo inclúe a cesión do inmoble á Deputación da Coruña e a completa adaptación do mesmo para o seu uso como oficina da Deputación en Santiago, espazo de coworking provincial e área de usos municipais.

É un resultado esperado pero que conleva un dato contraditorio.  Hai uns días o BNG de Compostela presentaba un proxecto que inclúe o derrubo da Casa da Xuventude, sen embargo o grupo nacionalista votou a favor dun convenio que implica a rehabilitación do edificio. Enténdese que os acordos de goberno na Deputación obrigan ao BNG polo que todo dependerá do que suceda nas eleccións.

Vía Verde

Outro convenio aprobado e xa anunciado é o que permitirá a construción do primeiro tramo da Vía Verde. Partirá desde a vella estación da Sionlla e será o máis custoso, polos túneles, dos dous previstos para enlazar cos tramos xa rematados.

A Deputación aportará 527.969,23 euros do total de 826.756,70 euros que supoñen o orzamento da obra.

Queda pendente unha segunda fase que rematará a conexión coa Vía Verde xa está en funcionamento, en Sigüeiro. O investimento será en este caso de 800.000, dos que 300.000 euros serán aportados pola PSTD Vía Verde, 250.000 euros pola Deputación da Coruña e 250.000 euros polo Concello de Santiago.

Camiños en Trazo

Non menos importante é o outro convenio aprobado no pleno da Deputación e que permitirá a mellora de camiños unen que unen os núcleos de Baixa e a Alta do Concello de Trazo.

O investimento total é de 121.810 euros, o 61% (75.224 euros) financiados polo organismo provincial. O obxectivo é mellorar a capa de rodaxe desta estrada, de máis de 1.160 metros de lonxitude e un ancho medio de catro metros.

As obras consisten na extensión dunha capa de macadam de quince centímetros, para  posteriormente aplicar tres regas en toda a superficie. Tamén procederase á limpeza de cunetas por toda esta rede viaria. O prazo  previsto para acometer esta actuación é de dous meses a partir da aprobación do acto de replanteo.

Post navigation

Previous: Eleccións 23: os partidos apuran os días para formar as listas
Next: A Festa da Troita avanza o seu programa

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.