Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación busca casa en Compostela

Co obxectivo de ter unha sede propia en Santiago a Deputación ven de abrir a licitación para a compra dun edificio no centro de Compostela.

torrecilla@torrecilla.net

torrecilla@torrecilla.net

Tras anularse o convenio firmado, nos últimos días do anterior mandato, co goberno municipal de Compostela; a Deputación busca un espazo no que encaixar o proxecto presentado hai tres anos.

A Deputación da Coruña licita por 1.125.300 euros a adquisición dun inmoble que acollerá unha oficina tributaria, coworking, auditorio e aula de formación. O presidente, Valentín González. destaca que a nova sede permitirá “achegar a Deputación á cidadanía, ofrecer servizos útiles e crear espazos abertos á actividade económica, social e cultural”.

O edificio terá un prezo máximo de 1.200 euros por metro cadrado construído. Deberá situarse na trama urbana do centro da cidade, con boa conexión ao transporte público e proximidade á estación intermodal, facilitando o acceso tanto das persoas usuarias como do persoal.

A superficie útil mínima esixida é de 670 metros cadrados, cun mínimo de 770 metros cadrados construídos, e priorízanse espazos en planta baixa ou que permitan un itinerario completamente accesible sen barreiras arquitectónicas.

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 27 de febreiro.

Servizos á cidadanía

A futura sede da Deputación da Coruña en Compostela albergará unha oficina de recadación tributaria duns 200 metros cadrados, con zona de espera pública e unha área de traballo aberta con capacidade para un mínimo de 17 postos, ademais dun despacho independente para a xefatura de zona.

Contará tamén cun espazo destinado a coworking de arredor de 100 metros cadrados, sala de reunións, un auditorio para acoller actividades culturais e reunións, aula de formación con capacidade mínima para 75 persoas e un local institucional destinado a actividade representativa, encontros e presentacións. Disporá ademais de área de arquivo e almacén e aseos accesibles.

O futuro edificio da Deputación deberá cumprir a normativa vixente en materia de accesibilidade, seguridade e saúde laboral, así como garantir ventilación e iluminación natural e conexión ás redes básicas de subministración.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, xa avanzara esta iniciativa durante a presentación dos Orzamentos provinciais de 2026, nos que anunciou a apertura das dúas primeiras sedes provinciais fóra da capital: unha en Ferrol e outra en Santiago.

Formoso destacou que esta aposta responde a unha estratexia do goberno provincial de descentralización e proximidade, co obxectivo de facilitar unha relación máis directa entre a administración provincial e a cidadanía. “Queremos achegar a Deputación á cidadanía, ofrecer servizos útiles e crear espazos abertos á actividade económica, social e cultural”, sinalou.

A licitación da compra do inmoble de Santiago enmárcase nun proceso máis amplo que inclúe tamén a futura sede en Ferrol, onde a Deputación está a valorar actualmente as cinco ofertas presentadas á licitación pública para a adquisición dun inmoble de características semellantes. Con estas actuacións, a institución provincial reforza a súa implantación territorial e dá un paso máis na modernización dos seus servizos, apostando por espazos accesibles, versátiles e ao servizo da cidadanía.

Post navigation

Previous: Virando o Rosa en Fonseca
Next: Denuncian o mal estado do Centro de Saúde de Santa Comba

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.