Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

A Deputación achegará o legado de Begoña Caamaño a toda a provincia

A programación que a Deputación organiza quere alongar todo o ano a lembranza de Begoña Caamaño.

Cartel da Deputación polo Día das Letras Galegas e Sol Agra Deputada de normalización Lingüística

Coruña, 5/05/2026 –  A Área de Lingua da Deputación da Coruña impulsará ao longo de todo o ano unha ampla programación de homenaxe a Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas 2026.

O departamento que dirixe Sol Agra Tuñas anunciou este luns un conxunto de propostas que procura divulgar entre públicos de todas as idades a vida, a obra e o pensamento da escritora, xornalista, feminista e activista social Begoña Caamaño.

A responsábel provincial de Lingua destacou que desde a Deputación «queremos contribuír a que a autora chegue a todos os recunchos da provincia, porque a súa obra, o seu pensamento e o seu compromiso continúan sendo imprescindíbeis para entender o presente».

A campaña conta cunha identidade visual específica creada pola ilustradora Andreea Birsanu (coñecida como Silvatiica), baixo o lema “As letras das Circes e as Morganas”. A proposta artística parte dunha fotografía da autora construída ao redor da simboloxía de Circe e o pracer do azul. De este xeito incorpora elementos vinculados ao feminismo, á sororidade, ao activismo antimilitarista e á fortaleza “que marcaron a súa traxectoria vital e intelectual”, subliñou a deputada.

“Queremos que esta homenaxe sexa tamén unha proposta cultural con identidade propia”, capaz de representar a esencia dunha escritoras “que fixo da palabra unha ferramenta de transformación”, abondou Sol Agra en referencia á Begoña Caamaño.

A deputada subliñou que o 17 de maio “é unha data chave, pero a nosa vontade é que Begoña Caamaño sexa lida, cantada e celebrada durante todo o ano e moito máis alá desta efeméride”.

Actos programados

O acto central, o 17 de maio, celebrarase na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela. Consistirá no espectáculo “De Circes e Morganas”, unha proposta coral de audiovisual, poesía e música que reunirá diversas artistas para converter o Día das Letras Galegas nunha celebración colectiva, dinámica, participativa e festiva.

Outras accións previstas son a distribución de libros recentemente editados sobre Begoña Caamaño, destinados a centros educativos, bibliotecas escolares e bibliotecas municipais, con títulos adaptados a distintas franxas de idade. Tamén, o reparto da súa primeira novela, a xa mencionada Circe e o pracer do azul, entre bibliotecas e institutos con Bacharelato.

Sol Agra incidiu en que é “fundamental” que as novas xeracións poidan achegarse “non só ás novelas de Begoña, senón tamén ao seu pensamento, aos seus artigos e á súa ollada crítica, porque seguen sendo profundamente actuais”.

A programación incluirá contacontos ilustrados e musicados, obradoiros literarios e musicais, actividades en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, alén dunha proposta de escrita creativa na Biblioteca Provincial, co obxectivo de estender o coñecemento da autora por todo o territorio provincial mediante formatos diversos e participativos.

A música terá tamén un papel destacado coa distribución do libro-disco Indómitas. Nove ondas a Begoña Caamaño, de Uxía, e coa organización de catro actuacións da artista xunto á arpista bretoa Bleuenn Le Friec en distintos concellos. “Begoña Caamaño foi unha creadora e unha activista que abriu camiños, e queremos que esta celebración incorpore tamén voces e expresións artísticas que continúan esa forza transformadora”, concluíu Sol Agra.

Post navigation

Previous: A Fundación Granell inaugura este mércores “Masides”
Next: Nova excavación no Castelo de Portomeiro en Val do Dubra

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.