Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación aposta polo medio ambiente

A Deputación provincial da Coruña ven de aprobar axudas a 23 entidades que desenvolven actividades de conservación do medio ambiente.
deputacion-axudas-medio-ambiente-slide-5-setembro-2023_r

Bisbarra, 5 de setembro do 2023 – A Deputación provincial da Coruña ven de aprobar axudas a 23 entidades que desenvolven actividades de conservación do medio ambiente.

O montante total de este investimento en medio ambiente chega a un total de 218.872 euros. Un importe que servirá para financiar actividades de conservación de hábitats de alto valor natural e de sensibilización e educación ambiental

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a resolución definitiva destas subvencións, que van dos 2.000 aos 20.000 euros por entidade. A través destas achegas fináncianse proxectos de todo tipo e que en algúns casos teñen unha longa traxectoria coma o programa de custodia do territorio da Fundación Fragas do Mandeo ou a actividade “Defende o mar a través do surfing” de Surf and Clean, dirixida aos escolares da provincia e que contempla actividades tanto nas aulas dos colexios como nas praias.

Na bisbarra de Compostela unha das asociacións apoiadas é Amabul, en Vedra, que cumprirá no 2024 vinte anos. Amabul dedícase a promover pequenos proxectos no ámbito municipal para a valorización da natureza endóxena, como o Vedra Terrae, para promover competencias científicas entre as súas xentes, a través da Semana da Ciencia ou para re conectar co pasado dos seus poboadores, como no proxecto Roteiro da Emigración.

Tamén se financian accións de limpeza de espazos naturais, actividades de sensibilización ambiental ou de conservación de especies de fauna e flora autóctona.

A deputada responsable da área de Medio Ambiente, Rosa Ana García López, subliñou que “estas axudas contribúen a preservar a riqueza medioambiental da provincia e á sensibilización da sociedade, e particularmente dos escolares, sobre a importancia de coidar o planeta e promover a sustentabilidade en todos os ámbitos”.

Post navigation

Previous: Conxo celebra os 150 anos da liña de ferrocarril Cornes a Carril
Next: A Baña urxe á Xunta na retirada dos niños de vespa velutina

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.