займ срочно

A Deputación ampliará a ponte sobre o río Tambre entre Negreira e Brión

0

Bisbarra, 6 de febreiro do 2023 – A Deputación da Coruña ampliará a ponte sobre o río Tambre que conecta Negreira e Brión.

O ente provincial dotará á ponte dun novo acceso peonil seguro, unhas obras que suporán un investimento de execución material de arredor de 1,5 millóns de euros para mellorar a seguridade vial na zona.

Na reunión participaron o presidente, Valentín González Formoso, e os alcaldes de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e Negreira, Manuel Ángel Leis,

O acordo foi decidido nunha reunión cos técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación na que se decidiu cal dos estudos previos era o máis axeitado. O obxectivo prioritario era mellorar a seguridade garantindo o tráfico simultáneo nos dous sentidos de circulación, algo que agora non se pode facer xa que a ponte conta na actualidade cun ancho útil de apenas 3,50 metros.

A este problema súmase limitación do peso autorizado a 16 toneladas, o que prexudica gravemente ao sector do transporte e ao agrícola de ambos os dous concellos, segundo afirman os alcaldes, que explicaron que os camións, vehículos pesados ou os tractores vense na obriga de dar rodeos de ata 20 quilómetros.

Solución prevista

Para arranxar estas eivas, en primeiro lugar, a Deputación realizará un estudo das características estruturais da ponte, co obxectivo de garantir que a subestrutura actual soporte a actuación prevista, que consistirá na instalación dunha nova plataforma, máis ancha e elevada que a actual.

A anchura total prevista do novo taboleiro da ponte será de 9,80 metros, con carrís en ambos sentidos de 3 metros, beiravías de 0,50 metros, beirarrúa de 1,50 metros e espazos para barreiras de 0,65 metros. Na reunión participaron o presidente, Valentín González Formoso, e os alcaldes de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e Negreira, Manuel Ángel Leis,

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies