Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación acolle o arquivo da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)

A Deputación preservará, catalogará e dixitalizará 168 cintas de vídeo e 6 DVD con testemuños directos do golpe de Estado de 1936

DEPUACION COMISION MEMORIA HISTORICA CORUNHA (1)

Coruña, 18/10/2026 – A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) vén de formalizar a cesión do seu fondo audiovisual á Deputación da Coruña, que o incorporará aos seus fondos documentais co obxectivo de garantir a súa conservación, catalogación, dixitalización e difusión pública.

A cesión permitirá preservar un material de enorme valor histórico, composto por 168 cintas de vídeo e 6 DVD con entrevistas a máis dun cento de testemuñas directas do golpe de Estado de 1936 e da posterior represión franquista.

A entrega dos soportes físicos tivo lugar na Biblioteca Provincial, nun acto no que participaron a deputada de Dereitos Civís, Sol Agra; o presidente da CRMH, Carlos Babío Urkidi; e a responsable da Biblioteca Provincial, Carmen Ferreiro. Por parte da asociación tamén asistiron Beatriz Gómez Amigo, Rubem Centeno Paradela e Beatriz Parga Massa.

A deputada de Dereitos Civís, Sol Agra, destacou a importancia de preservar e difundir este legado documental nun momento no que resulta fundamental combater o descoñecemento da historia e facer fronte aos discursos de odio e á banalización do fascismo.

Sol Agra explica que “Preservar a memoria é tamén unha forma de defender a democracia no presente. Non podemos permitir que o descoñecemento da nosa historia abra a porta a discursos de odio que cuestionan os dereitos e as liberdades conquistadas”.

Agra subliñou que o acceso a testemuños directos da represión franquista constitúe unha ferramenta fundamental para coñecer o pasado e promover unha cidadanía crítica e comprometida cos valores democráticos.

«Cando desaparecen as persoas que viviron aqueles feitos, a súa voz só pode seguir chegando ás novas xeracións se somos capaces de conservar e compartir o seu testemuño. Temos a responsabilidade de protexer esa memoria e poñela ao servizo da sociedade», engadiu.

Un arquivo único para preservar a memoria oral

O fondo audiovisual está integrado principalmente por entrevistas realizadas por Beatriz Gómez Amigo, integrante da directiva da CRMH, a mulleres e homes que viviron directamente o golpe militar e civil de 1936 na Coruña e a posterior represión franquista.

Trátase dun material de especial relevancia histórica e documental, xa que a maioría das persoas entrevistadas xa faleceron. Entre as poucas testemuñas que permanecen vivas atópase unha muller que ten actualmente 102 anos.

A desaparición progresiva das persoas que viviron aqueles acontecementos fai especialmente urxente a preservación destes rexistros, que permiten recuperar experiencias persoais e voces imprescindibles para comprender a represión e as súas consecuencias.

A Deputación considera a conservación e difusión deste fondo unha actuación de interese público, tanto polo seu valor para a investigación histórica como pola súa contribución á educación democrática e á loita contra o esquecemento.

Dixitalización e consulta pública na Biblioteca Provincial

A Biblioteca Provincial será a encargada de custodiar os soportes físicos e catalogalos segundo os estándares bibliotecarios. Posteriormente, o experto Xosé Antón Bocixa Rei realizará os traballos de dixitalización para garantir a preservación dos contidos e facilitar o seu acceso.

Unha vez concluído o proceso, os ficheiros dixitais quedarán dispoñibles para a súa reprodución a través da plataforma da Biblioteca Provincial. A consulta será pública.

Post navigation

Previous: Stefano Russomanno falará de Carlo Gesualdo no Luns Do Ateneo
Next: Santa Comba celebra un foro sobre memoria democrática no rural

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.