Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A Deputación cofinancia a nova área de caravanas de Ames

A nova área de caravanas foi inaugurada polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

Xosé Regueira inaugurando a área de caravanas

Ames, 16/03/2026 – A Deputación da Coruña, o Concello de Ames e a Asociación Galega de Autocaravanas inauguraron a nova área destinada a estes vehículos en Bertamiráns, Ames.

O espazo contou cun investimento de case 55 000 euros da Área de Turismo da Deputación. Ao acto sumáronse ao redor de 100 caravanas e máis de 200 autocaravanistas, que participaron nunha concentración de tres días coincidindo coa estrea desta nova infraestrutura.

No acto interviñeron o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira; o alcalde de Ames, Blas García; a presidenta da Asociación Galega de Autocaravanas, María del Mar García; e o vicepresidente da entidade, Cesáreo González. Tamén estiveron presentes concelleiros e concelleiras da corporación municipal.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou a importancia de dotar o sector das caravamas de infraestruturas como esta. Segundo indicou, “as caravanas non son un problema; ao contrario, as administracións públicas temos un déficit con este colectivo e debemos dotar este tipo de turismo dos servizos necesarios”.

O responsábel provincial de Turismo tamén subliñou que o autocaravanismo representa un turismo tranquilo, cultural e respectuoso coa paisaxe.

Durante o acto, a Asociación Galega de Autocaravanas fixo entrega de varios agasallos ao alcalde de Ames e ao vicepresidente da Deputación como agradecemento pola nova infraestrutura. Tanto María del Mar García como Cesáreo González coincidiron en destacar o impacto positivo que terá esta área para a zona, así como a proxección do nome do concello de Ames entre a comunidade autocaravanista.

Quince prazas de estacionamento

A nova área de caravanas está situada na avenida José Luis Azcárraga, no lugar das Pateiras, a carón do coñecido pazo da Peregrina. O espazo dispón de 15 prazas de estacionamento para vehículos cunhas dimensións de 7,5 por 3,5 metros.

Ten tamén unha praza adaptada, de maior tamaño (7,5 por 4 metros), que inclúe un espazo lateral adicional de 1,5 por 7,5 metros para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida.

A zona está equipada cos correspondentes servizos de recollida de augas fecais, punto de subministración de auga potábel, toma de auga para encher os depósitos de augas limpas e unha reixa para o baleirado de augas grises e negras dos vehículos. Así mesmo, dispón de iluminación pública.

Para a execución do proxecto asinouse un convenio entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña cun investimento total de 68 437 euros, do que a entidade provincial financiou o 80 %.

Post navigation

Previous: Percebes, Furada Negra e Alboroque protagonizan o palmarés da XXI edición da MICE
Next: Mallou, en Santiago, acollerá cerca de 3.000 novas vivendas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.