Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

 A Deputación aposta pola USC

deputacion usc aposta polas artes 23 decembro 2025

A Deputación da Coruña aprobou a concesión dunha subvención nominativa á Universidade de Santiago de Compostela por un importe de 158.000 euros.O diñeiro destinarase a cofinanciar a programación universitaria orientada ao fomento da educación, investigación, transferencia do coñecemento e actividades culturais, artísticas e científicas, así como a programación de actividades do CIFEX.

A achega provincial representa o 80 % dun orzamento total de 197.500 euros. Con este apoio, a Deputación reafirma o seu compromiso coa universidade pública, así como coa igualdade de xénero e a difusión do pensamento crítico na sociedade galega.

O convenio, asinado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López, permite impulsar iniciativas estratéxicas para a detección e captación de talento.

Unha procura de talento que se concreta en programas como  “A Ponte entre a USC e o Ensino Medio”, que busca a universidade ao alumnado preuniversitario mediante charlas, visitas, etc.; ou “ESTALMAT”, que pretende detectar aptitudes matemáticas avanzadas entre o alumnado de secundaria e proporcionarlles un programa de actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento.

O acordo tamén dará apoio ao desenvolvemento dunha ampla programación cultural, con propostas de teatro, música, danza e artes plásticas. Ademais, contémplanse actuacións para a posta en valor e musealización do patrimonio histórico-artístico da USC.

Outro dos eixos destacados é o apoio a proxectos artísticos-pedagóxicos como o Faíscas Culturais ou a organización das Xornadas de benvida ao curso, coas que se busca incentivar a participación do novo alumnado nas unidades de produción artística.

Por último, tamén inclúe o financiamento parcial de eventos científicos encamiñados ao intercambio de coñecemento; o programa de Seminarios en IV Ciclo e a programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX).

O presidente provincial resaltou que se trata “dunha alianza que promove unha universidade aberta, comprometida coa cultura, coa ciencia e coa igualdade de xénero. Unha universidade  que contribúe a que o coñecemento chegue ao conxunto da sociedade”, afirmou.

Post navigation

Previous: Levan ao Congreso a humanización da Escravitude
Next: Ames avanza na implantación das comunidades enerxéticas

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.