Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación cofinancia a ampliación da residencia de Boimorto

deputacion residencia boimorto 16 decembro 2025 SLIDE

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, visitou o Concello de Boimorto xunto á alcaldesa, María Jesús Novo, e á deputada de Política Social, Mar García, para supervisar o avance das obras de ampliación da residencia de maiores.

Esta actuación permitirá crear 14 novas prazas residenciais grazas ao financiamento da institución provincial. A Deputación da Coruña achega 83.320,47 euros para esta actuación, o que supón o 13,79% do orzamento total do proxecto, que ascende a 604.150,59 euros.

A ampliación permitirá incrementar a capacidade da residencia de Boimorto de 40 a 54 prazas, ás que se suman as 20 prazas existentes no centro de día. Formoso destacou que “este investimento responde á crecente demanda de prazas residenciais no rural e ao compromiso da Deputación de colaborar nun servizo imprescindible para o benestar dos maiores”.

As obras inclúen a construción de cinco dormitorios dobres e catro simples, un deles destinado a enfermería, todos con baño independente; ademais de dous aseos públicos, un aseo para o persoal, un oficio limpo e outro sucio, así como a instalación do sistema de calefacción e de auga quente sanitaria.

Dende a súa apertura no ano 2011, a residencia de maiores de Boimorto foi obxecto de diferentes melloras para dar resposta ao aumento da demanda de prazas, derivada de factores como a situación sociofamiliar das persoas usuarias, o seu grao de dependencia ou as condicións de habitabilidade das vivendas.

Novo vehículo para o Servizo de Axuda no Fogar

No transcurso da visita, o presidente da Deputación fixo tamén entrega dun novo vehículo destinado ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal, que permitirá mellorar os desprazamentos das profesionais do servizo e a atención ás persoas maiores e dependentes do concello de Boimorto.

“As traballadoras do SAF son unha peza esencial da rede pública de coidados. Desde a Deputación queremos que poidan desenvolver o seu labor en mellores condicións, dotando aos concellos de recursos propios que faciliten os desprazamentos”, subliñou Formoso, que lembrou que esta liña de axudas xurdiu tras as reunións mantidas coa profesionais do SAF en distintas comarcas da provincia, nas que se puxo de manifesto a necesidade de contar con vehículos municipais para os desprazamentos, especialmente no rural.

Con este vehículo, Boimorto forma parte dos vinte concellos da provincia que dispoñen xa dun vehículo para o SAF financiado pola Deputación da Coruña. En concreto, contan con este recurso As Pontes, As Somozas, Aranga, Carnota, Irixoa, Mañón, Ortigueira, Outes, Tordoia, Oza-Cesuras, Cabanas, A Baña, Mesía, Dodro, Coirós, Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso e Toques.

A Deputación da Coruña destina este ano 33,6 millóns de euros a políticas sociais, o que permite por exemplo financiar máis de 400.000 horas de axuda no fogar ou contratar a 180 profesionais dos servizos sociais nos concellos da provincia, reforzando a atención directa ás persoas máis vulnerables.

Post navigation

Previous: Oroso promove as compras no comercio local
Next: Noia impulsa unha campaña para reducir os límites de velocidade

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.