Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación quere facer máis accesíbel e inclusiva a súa Rede Cultural

A Deputada Natividade González subliña que “unha cultura que non é accesíbel, non é verdadeiramente pública”.

deputacion cultura inclusiva 8 abril 2026

Coruña. 8 de abril do 2026 – A Deputación da Coruña ven de presentar un proxecto orientado a facer máis accesíbel e inclusiva a Rede Cultural da institución. O obxectivo é garantir que todas as persoas, con independencia das súas capacidades, poidan participar en igualdade nas propostas culturais.

No acto participaron a deputada de Cultura, Natividade González; a presidenta de Escena Galega, Patricia de Lorenzo; e a coordinadora da actividade, Carme Giráldez.

Durante a presentación, González explicou que a iniciativa nace “cun obxectivo moi claro: facer que a cultura na provincia da Coruña sexa realmente accesíbel para todas as persoas”, porque ademais dun dereito “é tamén unha responsabilidade pública”.

A deputada salientou, ademais, que este reto require dunha acción compartida, xa que «ningunha administración pode facelo soa», polo que considerou necesario o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e o conxunto do sector cultural para garantir a participación en igualdade de condicións.

A iniciativa responde á necesidade de adaptar o actual modelo da Rede Cultural ás novas esixencias en materia de cultura inclusiva, promovendo un acceso efectivo á programación cultural impulsada pola institución provincial.

González subliñou a importancia de “pasar das intencións ás accións concretas» e avanzar cara a unha accesibilidade real”. A proposta avanza cara a un enfoque máis transversal, no que a accesibilidade non sexa un elemento puntual, senón un criterio estrutural presente na planificación, na produción e na mediación cultural.

O proxecto desenvolverase ao longo de 2026 e procura “converter a accesibilidade nunha práctica real dentro da Rede Cultural” contando coa participación de todos os axentes implicados, incluídas as propias persoas con discapacidade.

Diálogo e sensibilización

A presidenta de Escena Galega, Patricia de Lorenzo, explicou que esta iniciativa xorde a partir dun grupo de traballo “que botamos a andar hai un par de anos”, que permitiu dar os primeiros pasos “grazas a formacións específicas”. Coida, ademais, “unha oportunidade ilusionante” a posibilidade de colaborar neste proxecto coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

De Lorenzo destacou tamén que a proposta combina encontros de sensibilización e diálogos “en curto” con persoas que padecen barreiras de acceso á Rede Cultural, con persoal técnico municipal e coas propias compañías artísticas, co fin de “sensibilizar e dotar todas estas partes de ferramentas útiles” e conseguir que a accesibilidade “sexa unha realidade na Rede Cultural nun futuro próximo”.

Proxecto a desenvolver en tres fases

Pola súa banda, Carme Giráldez explicou que o proxecto constará de tres fases. As dúas primeiras, de sensibilización e de formación, estarán dirixidas ao persoal municipal vinculado á Rede Cultural, mentres que a terceira estará orientada ás compañías teatrais que queiran implementar medidas de accesibilidade no seu traballo.

O proxecto desenvólvese coa participación de tres entidades principais encargadas de distintas áreas de execución. A compañía Chévere Producións asume o deseño metodolóxico, a dinamización e o asesoramento; a asociación profesional Escena Galega encárgase da produción e da coordinación técnica; e a coordinación xeral recae en Carme Giráldez. Finalmente, González destacou o enfoque participativo da iniciativa, sinalando que a accesibilidade “non se deseña só desde os despachos, constrúese escoitando e traballando en común”, e fixou como obxectivo «deixar capacidade instalada na Rede Cultural, ferramentas útiles e unha maneira diferente de entender a cultura pública», máis aberta, inclusiva e representativa da diversidade social.

Post navigation

Previous: Obradoiro de iniciación ao Haiku
Next: Os hórreos xa son Patrimonio Cultural Inmaterial

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.