Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

O SAF da Baña conta xa cun novo vehículo

deputacion a banha novo vehiculo slide 22 xullo 2025

O novo transporte para o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, foi adquirido ao abeiro das subvencións da Deputación para mellorar a atención domiciliaria

A Deputación da Coruña continúa a apoiar aos concellos na mellora dos servizos sociais de proximidade coa entrega dun novo vehículo para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello da Baña.

A través dunha achega provincial, financiouse o custo íntegro do coche, que permitirá facilitar os desprazamentos das traballadoras do SAF que prestan atención domiciliaria á veciñanza.

A deputada de Servizos Sociais, Mar García, participou na entrega do vehículo, un Dacia Sandero híbrido adquirido grazas ao programa de subvencións da Deputación para a adquisición de vehículos destinados ao SAF. Trátase dun modelo que funciona con gas (GLP) e gasolina e conta con etiqueta eco, contribuíndo así ao aforro en combustible e á sustentabilidade ambiental.

A entrega do coche tivo lugar nas inmediacións do Concello, onde o representante da empresa Talleres Baleato, Daniel Rodríguez, fixo entrega das chaves á concelleira de Acción Social da Baña, Mónica González. No acto tamén estiveron presentes o alcalde, José Antonio Pereira; o concelleiro de Obras, Jesús Pena, e a traballadora social do municipio Laura Senra.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou que estas axudas da Deputación para adquisición de vehículos para os servizos sociais foron creadas para atender unha demanda das traballadoras de axuda no fogar e  resolve un problema intrínseco nos municipios máis rurais, “onde a dispersión de poboación é maior e resulta necesario realizar un elevado número de desprazamentos para acadar unha cobertura óptima”.

A través deste programa de subvencións, a Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso co benestar das persoas maiores e dependentes, mellorando os medios co que contan os concellos para prestar un servizo esencial como é a axuda no fogar. Actualmente, o Concello da Baña atende a arredor de 100 persoas mediante un modelo mixto, no que participan tanto persoal municipal como da empresa especializada Atendo.

Post navigation

Previous: A Inchadiña Branca Vela sae de Rianxo para homenaxear a Rosalía e, este ano, a Castelao
Next: Dodro aproba a nova Relación de Postos de Traballo, RPT

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.